Lun, 26 Xan 2009, 8:44
Asunto: Re: MEIA MARATONA MANUELA MACHADO -VIANA DO CASTELO-JANEIRO 2009
Primeiro de todo agradecer os ánimos pre-carreira a traves do foro, dos foreiros
Yonathan, Cheetos, MrDixie, Linkinpark e algun outro que seguro que se me queda no tinteiro. Gracias
O obxectivo de rematar a proba non o conseguin pero ainda asi estou moi moi contento
(nada que ver co abandono o dia da
Escusa que aí si que quedei frustrado). Contovos:
O final atrevinme a ir a Viana a pesar de que cando saín da casa estaba caindo unha treboada impresionante
que non aconsellaba moito coller o coche, pero despaciño e indo con tempo de sobra chegamos perfectamente e pouco a pouco o tempo foi despexando e ala en Viana nin para quentar nin para correr tivemos gota de auga (iso si, frio e vento para dar e regalar). A saida da "corrida" moi puntual e eu xa me situei con calma no meu lugar natural, cola da cola do pelotón
.
Quedei moi contento da miña carreira ata o km 7 aproximadamente xa que fun todo o rato a par cun dos veteranos de samil (Arturo) e via que ia pasando os km sobre 6'10" polo que aparte de aguantarlle o ritmo a este compañeiro ia mais ou menos ben para o tempo final e non ia só na ultima praza (que iso psicoloxicamente axuda). Entre o km 7 e o km 13 (que foi onde parei) paseino bastante peor
, xa que ou eu afrouxei ou o meu compañeiro apretou pero pouco a pouco foiseme e xa me vin so na ultima praza (ainda que tiña un pequeno grupo todo o rato a vista e iso me animaba a seguir), ademais o feito de que fose picando sempre para riba foime minando e tamén o vento que a min non me vai nin de cara nin de cú. Nese momento apretei os dentes e ia distraendo a cabeza vendovos pasar a todos vos xa en direccion Viana (saudei a
Picapiedra e saudome un foreiro do que non lembro o nome, sintocho meu, a ver se me refrescas a memoria) e dunha cousa que me sinto moi contento e de escoitar tanto "
força" e "
animo" dos compañeiros que viñan en sentido contrario e do público das cunetas, so podo dicir "
obrigado".
Só pensaba en chegar ó punto de retorno e ver se era capaz de chegar o km 15 xa que despois viña baixada pero xa via que ia un pouco xusto. Ainda asi din volta pero entre as dores de pernas (de xeonllo para abaixo) que levaba, que notaba que me estaba quedando sin gasolina e que me empezaba a sair unha ampolla na planta do pé esquerdo decidin parar porque o obxectivo real meu é a Vig-Bay e se me seguia machacando seguro que ia estar varios dias sen poder adestrar, asi que como experiencia e como desfogamento para o 29 de marzo estivo xenial (de feito a pesar de ir tan mal xa estaba a punto de coller o grupiño que levaba diante). Rematei no km13 con 1h e 20' polo que poderia ter rematado sobre as 2h 10' - 15', e tendo en conta que quedan 2 meses ainda para a Vig-Bay teño que adestrar ben para o cansazo tanto fisico como psicoloxico deses 8 kms que me faltaron. Pero sei que teño tanto nas pernas como na cabeza unha media, so me falta pulir uns detalliños nestes 2 meses, seguro que a meta de Baiona a cruzo, seguro
!!!!
Despois de abandonar, traslado "kamikaze"
cara a zona de chegada con outros tres correlegas (estes con lesions xa moito mais serias), recollida de bolsa de agasallos (xenial, como o resto da organización, o ano que ben se é posible volvo para rematar a proba e ver ese famoso tunel), estiramentos e volta para casa (moito mais tranquila).
Fin do Ladrillo (Por certo,
Tara.......o final que che pasou que non viñeches???)
Se eu puiden, ti tamén...