Xov, 18 Dec 2008, 15:25
Asunto: Re: proba de esforzo en pontevedra????ou vigo¿¿?
Ola Adriandd:
Eu fixen dúas veces a proba de esforzo co Dr. Juan José Crespo no Ximnasio Atenas de Vigo. Non sei se sigue a facelas alí, pero é moi recomendable. Non lembro canto me costou, pero o prezo de 35 € non me parece demasiado e no seu caso comprende a consulta da proba mais a dos resultados.
A proba é completa e Juanjo non sen ando con rodeos o dar os resultados, é directo.
Como xa lin nalgún post, a súa proba comprende todos os aspectos que se fan habitualmente (entrevista sobre práctica deportiva e alimentación, análise da pisada,explración dental, espirometría, electro e a proba de esforzo en bicicleta estática).
O que menos me gusta a min é a proba en bici xa que prefiro correr, pero él di que non afecta os resultados.
Eu ando estes días a darlle voltas ó asunto e probablemente voltarei a facela axiña. Xa fai 3 anos da última.
Unha aperta
Mincha