Dom, 01 Feb 2009, 18:53
Asunto: Re: Specilize Tarmac o Giant TCR Advanced 3
POis claro, ainda que a miña experiencia de triatlón-duatlón cóntase cos dedos das mans, polo que son un novato todavía. Para que te fagas unha idea de como comenzei neste mundillo direiche que o primeiro triatlón foi o IRONMAN DE LANZAROTE 07,(sí só fixera dous duatlón antes), gracias a un amigo que me convenceu desa "tolería".
Na miña opinión para un ironman fai falta sobre todo duas cousas, moita cabeza ( e moi duro psicoloxicamente) e tempo para entrenar. Se posees as duas coido que son máis que suficientes para finalizarlo, xa que 17 horas que nos dan son máis que suficientes.
O de Lanzarote(único do circuito IRONMAN en España) é bastante duro polo séu trazado da bici 2551 m. de desnivel acumulado, e case sempre con moito vento, ademáis do calor, uns 30º para a Maratón. Non é o mellor para facer marca. Para eso en españa hai 2, un en Tarragona, O IRONCAT (MES DE MAIO) e o outro en Barcelona o CHALLENGE COSTA MARESME, en octubro (este ano e a primeira edición).
o único medio ironman que fixen foi o ano pasado en LISBOA, en abril, e quedei tan encantado que me gustaría repetir nesta edición. E moito máis asequible, e razonable empezar a larga distancia por algo así. NA miña opinión e que a distancia 1,9-90-21 e moi boa opción para os que nos gustan o multideporte de resistencia, non necesitas tanto tempo para entrenar e cando acabas nos dias seguintes non parece que che pasou un tren por encima.
Eu son un mal nadador, non me gusta nadar, fago o mínimo para saber que salgo da auga con opción de coller a bici, deféndome na parte ciclista e na carreira a facer o que se poda. A maratón nun ironman e bastante dura, e calcula entre 1/2 e 1 hora máis do teu tempo normal.
Para que te fagas unha idea, fixen 12h:24´ en Lazarote e 4h:40´ en Lisboa, sempre con sensación de poder facelo mellor, por eso quero repetir este ano.
Bueno espero que te animes a facer algún, seguro que se o fas quedarías encantado, e non sería o último.
Un saúdo e cando queiras podes vir a Cambados, xa que somos 3 amigos que xa somo FINISHER e con expectativas de ser algún máis.
Por certo, penso que sería interesante sacar algún día no foro este tema, xa que hai maís xente en Galicia que está enganchado a isto.
Non dudes en preguntar cando teñas algunha dúbida.