Xov, 29 Xan 2009, 17:00
Asunto: Re: Interrunning 2009 Porriño, 15 Febrero 2009
Bueno xa que son da zona, comentovos un pouco o percorrido rúa a rúa:
1- SAIDA: Da praza do concello pola rúa Antonio Palacios, en leve subida dus 2-3% de aproximadamente 120m.
2- Avda. Domingo Bueno. totalmente chá, de 60m aprox.
3- Rua Pio XII. Baixada das mesmas caracteristicas que a súbida por Antonio Palacios.
4- Rúa Manuel Rodriguez. totalmente chá na súa primeira parte, faise un xiro arredor da igrexa cunha súbida de aprox. 4% pero moi curta duns 25m para inmediatamente baixar polo outro lado de forma similar, e seguimos pola mesma rúa cunha xa case que inapreciable baixada, pero que coido a imos agradecer...
5- Xiramos 180º ´( Xiro progresivo, non se para a carreira) para enlazar coa Rúa Leandro Diz e Rúa Cando que xuntas fan o trazado mais longo da carreira sen xiros, e teñen en suma uns 600m. inapreciable subida.
6- Xiro de 90º para enlazar coa Avda. Buenos Aires. totalmente chá.
7- Novo xiro de 90º Pola Rúa Estación tamén chá, voltando a xirar 90º polo calexón de leve subida 2% que nos leva a rúa Ramirans.
8- Rúa Ramirans, toda chá e faise ida e volta
9- Enganchamos coa Rúa Ramón González, peatonal de pedra, tamén chá onde agardemos se concentre o maior número de público, e recibamos todolos ánimos e agarimo que nos poidan dar para escomezar unha nova volta...
Agardo que vos sirva para ter unha lixeira idea do circuito. Calquera dúbida tentarei resolvela... Un saudo