Dom, 15 Feb 2009, 21:46
Asunto: Re: Interrunning 2009 Porriño, 15 Febrero 2009
Pois tócame facer a crónica,que xa van unhas cantas. Chegada a Porriño e xa vexo a
Poeta , co que estiven a falar un rato. Paradiña para tomar un café co meu pai e a xente que viña con nós, e a quentar, onde me "re- presentei" a
Tartarugo, tras o de Viana, que non se acordaba quen era eu jeje. Unha vez metido no montón, toca esperar a saída, que non daba chegado. Alí,meu pai máis eu cruzamos unhas palabras cun home que despois da carreira resultou ser
joseluisquintelajulián, un do foro..e eu sen coñecelo, aínda que me sonaba a súa cara, como xa lle comentei despois. E 3,2,1...xa!Aló imos. Primeira volta na que non me vexo todo o forte que quixera,pero aínda así,marco bo tempo para ser eu. Na segunda e terceira volta decidín ir máis tranquilo, para aforrar forzas para a última. Que ganas tiña de rematar unha carreira cun sprint,canto tempo había que non daba,que chegaba morto á meta
. Ó final...46:31, e pouco a pouco vou mellorando a miña marca persoal no 10 mil, cando se cumple un ano dende o meu debut nisto de correr. A ver se pronto chego á barreira que me poño nun principio de 4:30 o km nun 10 km, xa o empezo a ver cerca. En canto ó circuito en si, gustoume, aínda que a recta da vía do tren se me facía longa, pero no fondo...gustoume. Non me importou que
Pedro Nimo e outros cantos me doblaran, por fin os puiden ver en acción jeje. As 4 chegadas a meta, impresionantes, con toda esa xente que había animando, as pernas ían soas (lástima que na costa arriba se olvidaran desa xente
). O ambiente dos corredores...xenial. Un placer conversar con foreiros ao final da carreira, como o meu compañeiro de equipo
bekele ou
guti, ademáis do xa citado
joseluisquintela. Fallos da carreira...pois os normales nunha carreira con tanta xente, pero opino que non me importan eses pequenos fallos, (xa comentados por aqui, como a cola para coller os regalos, o tarde que empezou a carreira...) se a participación é tan boa como a de hoxe. A única pena que levo, é a de non coñecer aínda a
uzal en persoa, outro compoñente dos "novatos". Creo que o equipo de "los desconocidos" nos debería ceder o nome
, porque aínda non nos coñecemos todos no equipo
. E nada máis, que creo que o ano que ven hei de repetir, gran carreira e gran ambiente. Por certo, noraboa a
Pedro Nimo, síntoo que non me presentei. Estiveches falando un pouco co meu pai cando xa estabas para entrar no coche, que tiñamos o coche case ó lado do teu.
Vémonos na seguinte, para min...Padrón!
Un saúdo!
Última edición por arzuán o Dom, 15 Feb 2009, 21:51; editado 2 veces