Lun, 16 Feb 2009, 22:17
Asunto: Re: Interrunning 2009 Porriño, 15 Febrero 2009
Primeiro de todo que gusto escoitar tantas e tantas crónicas maioritariamente felices, xa se respiraba no ambiente post-carreira de onte que a xente estaba contenta. Alégrome
Eu son un mais de todos vos que onte (e ainda me dura) rematei satisfeito, que digo satisfeito....cheo
!!!! Por primeira vez todos os obxectivos cumplidos (e mais!!) e sobre todo cando andaba mais desconfiado dos meus progresos. Pois si, conseguin un dos obxectivos para o 2009
xa en febreiro!!,
baixei de 1h nos 10km (e estes foron reais que mo confirmaron foreiros cos seus trebellos gps),
58' 40" de tempo dende a alfombrilla de saída. Conseguin ademais que a cabeza de carreira (o meu compañeiro dos
PRG, o raio azul,
D. PedroNimo, reverencias ó teu carreiron e o teu espiritu campión!!! e como sempre feliz e compartindo con todos no podio) só me dobrara unha vez (e case me sobrou un minuto), non fun o último da miña categoría e batín o meu "record" do 5000 tamén. A verdade é que coñecer o circuito (a pesar de que o adestrara só unha vez cun tempo preocupante de 1h e 5') me axudou moito e fun capaz de levar un ritmo constante durante toda a carreira, moi centrado e sen ningunha tentacion de parar en ningún momento (parece que as tiradas longas de preparación para a Vig-Bay van dando os seus froitos) e aínda que vos sone estrano, que me doblaran axudabame xa que ia entretido vendovos correr como máquinas e faciame mais levadeira a soidade do furgón de cola (espero non tervos estorbado moito nos adiantamentos
). Penso que o tempo atmosferico tamén me axudou, para min condicións ideais, e ademais cheguei fresco a meta, qen mo ia dicir ala por agosto cando retomei este mundo das carreiras.
E non me quero olvidar da parte humana, mais importante ainda que o correr en si, foi unha alegria enorme ter a unha pequena parte da familia animándome
(porque sempre vou so a todas as carreiras e isto foi un subidón!!) e como non a todos e todas os foreiros e foreiras, os que coñecin como
Linkinpark (gracias polo ofrecemento para a pre Vig-Bay, xa sabes eu corro ata Ramallosa e ali espero a que me recollades de volta, ja ja),
Aguita,
Safardatxo (espero que te atopes algo mellor que onte terminaches moi fodido, ánimo campión),
Runnervago, Bekele, Oliveira (en Cambados estarei se non hai algo que mo impida),
korrektepillo, Vilma e
Gallego (saudeinos en carreira) ,
fimira (gracias por presentarte e felicidades polo teu resultado),
Arzuán (este mais ben re-coñecido, o meu fan nº1 en Viana
) e a todos os demais como
Poeta (lástima que non saíra o da quedada a pesar dos teus esforzos pero estaba a cousa complicada con tanto follón
),
Guti (que cabrito que o final me doblaches na última recta, isto no cho perdoo),
MapleLeafs (alegrome moito das tuas boas sensacións onte, ogallá que sigas re-entrando neste mundo pouco a pouco, eres un tio grande!!)
Irdam, Khene, Tara (fixome moita ilusión saudarte logo de tanto tempo e de deixarme "tirado" en Viana),
Paulkoech, Flip e esposo, Jeff, Yonathan (corres como se deberas cartos, amigo, noraboa!!),
Fapabe, Joseluisquintelajulian, Repanocha, Picapiedra, Jeffxavi, Mincha, Beauvis, Lore (creo, porque non nos presentamos formalmente),
Marola, e supoño que algún mais que me queda no tinteiro. Parece ser que tamén estiven preto de
Fema e
Vouamodo porque eu na saida estaba con
Flip, Tara, Khene e cia. e unha mensaxe para
Grimo, quen me escapou cando o ia saudar......o tartarugo son eu
....asi que xa estas cambiando a camiseta!!! ja ja ja.....é broma, compañeiro, na proxima nos saudamos. E dicirvos gracias pero enormes a todos os que me destes unha palabra de ánimo cando me doblabades, sodes caralludos, sodes grandes,correlegas!!!! Ah, e unha última cousa que me fixo ilusión, foi ver a
Julia Vaquero tan sorrinte no podio, foi tamén un motivo de alegria onte vela asi. Botei de menos os meus compañeiros do
PRG e tamén a xente coma
Banderas, pero hai mais carreiras, asi que ánimo coas vosas "cousiñas"
Para rematar dicir un par de opinións sobre a organización, que en xeral foi boa pero quizais deberianse de plantexar para vindeiras edicións facer a entrega de dorsais nun lugar preto da saida (por exemplo na explanada que esta diante da igrexa que esta alí o lado do concello) pero non na mesma saida porque quixestes concentrar moitas cousas en pouco espacio. E outra opcion seria dar a saida dende Domingo Bueno que sempre é un chisco máis ancha (polo menos para a carreira absoluta). Pero tomadeas como criticas constructivas, simples apuntes para que ainda teña mais nivel a carreira en proximos anos. Ah! e sumome o comentario de
Tara, o mesmo que os lentos nos apartamos cando nos doblades tamén nos gusta que nos deixedes pasar cando vos xa rematastedes e a nos ainda nos quedan 1 ou 2 voltas, non que atasquedes a zona de meta/saída. E para rematar unha felicitación o servizo de limpeza do concello, hoxe ninguén diria que onte houbo semellante marea humana correndo e comendo/bebendo. Por certo, os envoltorios dos pastelitos tamén se poden tirar nas papeleiras, que habia moitos/demasiados polo chan e supoño que ninguén vai tirando envoltorios na súa casa pois que tampouco os tire na dos demais.
E xa esta......agora a por Padrón e a consolidar este progreso e se pode ser melloralo pero por favor non ir para atras. Saudos
Se eu puiden, ti tamén...