Lun, 01 Mai 2006, 23:17
Asunto: MAPOMA E BOAS NOITES
Despois de 3 semanas ausente do foro, dicirvos que onte estiven en Madrid, no novo MAPOMA, e coma sempre vou ser o optimista, inxenuo e xeneroso nas análises:
1º.- A organización simplemente perfecta. En todo: Sanidade, avituallamento líquido, sólido, zona de meta.
2º.- Percorrido. Madrid é Madrid. Non vamos convertilo en Rotterdan, nin en Berlín cunhas excavadoras. Ten costas, non faremos o noso mellor tempo, .... é igual. A meta foi, coma todas as dos maratóns, pero esta especialmente fermosísima, no Retiro.
3º.- Ambiente - Público: Simplemente máxico. A pesar de percorrer grandes avenidas (que a priori me asustaban), a xente volcada ao longo de todo o percorrido.. especialmente nas costas duras: lembro especial fervor (aquelo parecía Alpe d´Huez: os qms. 14, 21 e o duro e interminable 39). Despois de percorrer varios paises de Europa, esta CIDADE non ten nada que lle envexar a ningunha en canto a capacidade de volcarse cun evento popular e masivo.
4º.- Clima: Moi bó. Saida a 9ºC, e chegada media (entre as 3 e 5 horas a partir da saida) entre 17 e 20ºC.
5º.- Os populares non nos debemos abafar coas nosas marcas e rexistros. O que queira facer "plusmarca" que non vaia perder o tempo, nin os folgos, nin os cartos a Madrid. O que queira emocionarse e mergullarse no ATLETISMO POPULAR (con maísculas) que non perda esta carreira tan fermosa.
Un pequeno exemplo. Eu vivo en Compostela, e entreno en Compostela. Pois ben: no qm. 6, un descoñecido saudame e dime que me coñece. Resulta que tamén é galego, que ten a sua residencia en Compostela, e temos amigos comúns. Fomos xuntos todo o percorrido, e abofé que non esquecerei a este bo amigo de viaxe co que fun falando máis de 25 quilómetros.
Se tendes calquer curiosidade sobre o MAPOMA deste ano, quedo ao voso dispor.