Mér, 25 Feb 2009, 9:47
Asunto: Re: X Vig-Bay
Eu levo pouco tempo correndo e menos todavía presentándome ás carreiras. A verdade é que, a primeira vez que tiven que pagar por correr, non o entendín: ¿pagar por correr? si total, eu non opto a premio... despois vemos como son as organizacións destes eventos: teñen que movilizar moitísima xente (algunhas veces voluntarios, outras non), publicidade, seguros, medios, xuíces, os que controlan os chips... e te das conta de que pagar algún euro, tampoco é moito para o bolsillo.
De todos modos, a veces non o entendo en eventos que organizan os Concellos, xa que se supón que se fai con orzamentos e que, para o número de xente que pode participar, non habería moitos gastos e poderíanse cubrir con ese diñeiro. Por outra banda, se o fas gratuito, vai moita máis xente e a organización complícase. Supoño que poderémolo ver e comparar entre as carreiras de Porriño (gratuíta) e Padrón (de pago).
¿Quen dixo que as cousas son fáciles?
A mín, os 15 € parécenme tamén excesivos por ter que correr 21 km sin saber si rematarei a proba (non me meto en que gastan as demáis persoas o diñeiro... cafeterías ou o que sexa, paréceme un pouco falta de educación). Na Maratón do Miño en Ourense tamén había que pagar sobre 10 € pola inscripción, correras a maratón completa ou o fixeras en equipo de tres persoas.
Que as cousas non pintan para todos igual, que a uns pareceralle ben e a outros mal...
¡si todo fose "jratis" na vida!
"El que no corre, vuela"
Esprintes Ourense
www.esprintesourense.es