Dom, 08 Mar 2009, 21:08
Asunto: Re: VII Carreira Popular Concello de Padrón
Vamos aló:Logo de coller dorsal e camisola (da miña talla, para variar) pre-carreira moi animada, desta vez non nos pasou como en Porriño (verdade ,
Poeta??) e conseguimos xuntarnos antes da carreira un grande número de foreiros e compartir conversación e foto (gracias a
Pipe e esposa, entre outros). Desta volta coñecín a
Xoixe e mais a
Ian e teño que recoñecer que entre todos os foreiros que vin, saudei e conversei hai 3 que me fixo especial ilusión ver
MapleLeafs, Aguita e Banderas, xa que isto significa que a pesares das suas lesións van volvendo as carreiras
.
En canto a carreira en si, sensacións agridoces pero balance positivo en resumo.....primeira volta moi boa pero quizais demasiado rápida para min, xa que fun adiantando xente a base de pequenos cambios de ritmo e despois coa miña compañeira
Flip tirando os dous á par durante un bo rato ata o paso por meta. Segunda volta bastante mala, sufrin bastante
cando non lle puiden aguantar a
Flip e quedei só, fun bastante arrastrado toda a volta (salvo o km e medio final) e perdin unhas cantas posicións das que gañara na primeira volta, de feito fixen 4 minutos mais na 2ª que na 1ª. Antes de que se me olvide gracias a
Tara (por certo, ánimate a vir o domingo á PRE VIG-BAY e facemos grupeto, anotate no foro de kedadas, veñaaaa),
Picapiedra e Gallego (entre outros) polos ánimos en carreira e tamén a quen me animou chegando a meta, que polo que lin debeu ser
Yonathan . Por certo, correlega, ánimo, que malos dias temos todos, ti es un maquinón e virán carreiras mellores.......e ti tranquilo que eu estou acostumado a correr e chegar só e canso
, pero é certo que onte non terminei fresco precisamente. Sumando as duas voltas ritmo de 6'04" que non está mal de todo tendo en conta que fixen "catapúm"
na segunda, que a hora non era moi boa para min e que pola mañá xa lle metera outros 10 km adestrando. Por todo iso non me queixo, cos seus altibaixos, carreira positiva e mais km para o corpo para a vig-bay e contra a báscula.
E para rematar salientar o lugar da entrega de premios (bonito auditorio), felicitar a
Elias pola victoria, a
Julian Bernal pola merecida homenaxe de todo o auditorio aplaudindo e a
Escola de atletismo Deza pola ilusión de todos os rapaces e rapaces que a compoñen (aparte da sua calidade), impresionante como animaron a entrega de trofeos. Noraboa.
Vemonos na PRE o domingo, ese
CARMA-timing vai ser impresionante
,
MapleLeafs, seguro!!!!
Se eu puiden, ti tamén...