Xov, 12 Mar 2009, 15:43
Asunto: XXX carrera de Pascua de Padrón
Pues eso, que en Padrón hacemos "doblete". Aquí os cuelgo el reglamento, en pocas horas podréis inscribiros. Esperemos que disfruteis tanto como en la del 7 de Marzo.Saludos y nos vemos.
A XXX CARREIRA POPULAR DE PASCUA organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Padrón, celebrarase o vindeiro Sábado 11 de Abril de 2009 a partir das 11:00 horas, con saída e chegada na Praza de Macías. A proba estará suxeita ao seguinte
REGULAMENTO XERAL
PROBAS: Celebraranse 4 probas CON CONTROL DE CHIP con percorridos e horarios diferentes según as categorías:
PROBAS ESCOLARES: Ata cadetes.
Proba 1ª: 11:20 H
Pitufos: Nados/as no 2005 e posteriores.
100 metros. Praza Macías
Proba 2º: 11:30 H
Prebenxamíns: nado/as en 2004-03-02
Benxamíns: nados/as en 2001-00
500 metros.
Praza Macías – Rúa Longa
Proba 3º: 11:40 H
Alevíns: Nados/as en 1999-98
Infantís: Nados/as no 1997-96
Cadetes: Nados/as no 1995-94
2.000 metros.
Praza Macías – Rúa Longa – Calle Dolores – Ponte de Iria (ida e volta)
PROBA ABSOLUTA: 12:00 H
13,3 km: Saída/chegada na Plaza de Macías. Percorrido: Extramundi, pistas de Lamas, pistas de Seira..
XM: Xuvenís -Junior – Promesa: 1993 - 1987
XF: Xuvenís -Junior – Promesa: 1993 - 1987
SM: Senior: 1986-73
SF: Senior: 1986-75
VAM: Veterán A: 1972-63
VAF: Veterana A: 1974-65
VBM: Veterán B: 1962-53
VBF: Veterana B: 1964 e anteriores.
VCM: Veterán C: 1952 e anteriores
- TODA-LAS PROBAS (INCLUIDAS AS ESCOLARES) estarán controladas ao longo de TODO o percorrido a través dun chip que se entregará a cada corredor e que deberá colocar nas suas zapatillas antes da saída. Os corredores que cheguen á líña de meta sen o seu chip non serán clasificados e teñen a OBRIGA de devolve-lo ó finaliza-la proba. TODOS AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARAN NAS CLASIFICACIONS; TAMPOUCO RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO E NON PODERÁN PARTICIPAR EN NINGUNHA PROBA ORGANIZADA POR CHAMPIONCHIP. Este Chip, finalizada a proba, non ten ningunha utilidade.
- Todo corredor/a (DE CALQUIERA PROBA) que non entre en líña de meta co dorsal ben visible NO PEITO para a sua identificación, cometa algunha irregularidade, ou non respete as indicacións dadas pola organización, será automaticamente descalificado/a.
- Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados por kilómetro.
- A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
Vestiarios e duchas: habilitaranse 2 pavillóns; Pavillón do Souto (so para homes) e Pavillón Grupo Escolar (para homes e mulleres): 11:00 – 14:00 h.
Resultados:
www.championchipnorte.com www.correrengalicia.org.
INSCRICIONS
- DATOS OBRIGATORIOS: NIF, NOME, APELIDOS, DATA NACEMENTO, SEXO, LOCALIDADE
MOVIL, CLUBE (se o ten)
- PRAZO: Ata o Mércores 8 de Abril ás 12:00 horas. A través da páxina web:
www.championchipnorte.com
- PREZO da inscrición:
ESCOLARES: GRATUITA
ADULTOS: Propietarios Chip Amarelo Championchip: GRATUITA.
Corredores sen Chip amarelo Championchip:
1.2,00 € en concepto de aluguer do chip.
2.Opción de comprar un chip amarelo válido en todo o mundo.
NOTA: A PRE-INSCRICIÓN NON SE COMPLETARÁ SE NON SE FAI O PAGO NO MOMENTO DE INSCRIBIRSE EN
WWW.CHAMPIONCHIPNORTE.COM
Calqueira dúbida relacionada co proceso de inscrición deberedes dirixirvos ó teléfono:
982 81 68 84
Calqueira dúbida relacionada coa organización da proba:
981 81 13 29 (horario de mañá); 696 56 73 17 (horario de tarde).
RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS
Realizarase o día da proba no PAVILLÓN POLIDEPORTIVO GRUPO ESCOLAR (Pavillón Novo), a partir das 10:00 horas ata media hora antes do inicio de cada proba.
TROFEOS, PREMIOS E AGASALLOS:
Camisetas conmemorativas ata fin de existencias no momento de retirar o dorsal e o chip.
Medallas (escolares) e agasallos según disponibilidade e ata fin de existencias.
PROBAS ESCOLARES: Trofeos aos 3 primeros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo.
PROBA ABSOLUTA (13.300 M).
- TROFEO aos 3 primeros/as de cada categoría establecida por idade e sexo.
- TROFEO ESPECIAL DE PASCOA aos 3 primeros/as clasificados/as da proba absoluta
PREMIOS ESPECIAIS
- 1º/ª Corredor/a local: Trofeo.
- Trofeo Participación (colexio/clube con mais corredores inscritos que finalizasen a proba), Trofeo Benxamín (corredor/a menor idade), Superveterán (corredor maior idade) e Superveterana (corredora maior idade).
SORTEO: de productos doados polas firmas colaboradoras: (Ó finaliza-la entrega de premios).
ENTREGA DE PREMIOS: Poderase exixir o DNI se a organización o solicitase ó recolle-lo premio.
A entrega de premios e sorteo será ó finaliza-la derradeira proba (13:15 h aproximadamente) na Praza de Macías. En caso de mal tempo realizarase no Polideportivo “Novo”, informando oportunamente con antelación.
- A Concellería de Deportes do Concello de Padrón non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.
- Dado o carácter deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espírito e comportamento deportivo de todo-los participantes. A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen (informando oportunamente), e o non recollido no mesmo resolverase según o criterio técnico da mesma, sendo as suas decisións inapelables. A participación implica a total aceptación deste regulamento.
Última edición por yomismo o Xov, 12 Mar 2009, 16:42; editado 1 vez