Lun, 16 Mar 2009, 12:31
Asunto: Re: X Vig-Bay
pois benvido o maravilloso mundo das medias maratóns.
Eu non é que sexa un experimentado na vig-Bay, pero como onte fixemos o percorrido aínda o teño fresco.
Pois a saída consta de 2 voltas a avenida de Samil, na que se percorren un pouco máis de
3 kms. Áínda que seremos case que 3000 participantes, este primeiro tramo é suficientemente ancho coma para evitar problemas de caídas ou taponamentos, pero eu recoméndoche que saias situado nunha posición acorde co teu ritmo de carreira para evitares problemas.
Tras este primeiro treito por Samil, totalmente chan, paso pola ponte sobre o Lagares, e dura subida de uns 150 metros para coller dirección O Vao. Unha vez feita esta subida, e tras pasar pola praia do Vao, xiro á esquerda e novamente outra subida, especialmente dura nos primeiros metros, e que enlaza coa estrada "Pola Vía", que nos levará directamente ata Baiona. Este paso coincide aproximadamente co
km 7, e teremos un treito de 1,5 kms de subida lixeira pero na que convén afrouxar un pouco o ritmo, xa que haberá logo tempo de recuperar.
No paso por Saiáns, no
km 10, e ata a baixada a Praia América,que coincide co
km 15, chega o punto máis rápido do percorrido, cun terreo bastante favorable.
A partires de aquí, para mi chega o máis duro. Falo do punto que vai desde Sabarís
(km 17,5) ata Baiona. Longas rectas e forzas xustiñas, máis dun participante xa sufriu alguna páxara neste tramo...polo que eu recomendo que se participas por primeira vez "deixes" un pouco de forzas para este final.
Hai auga nos kms 5,10,15,20 e esponxas nos 7,5 e 17,5 (creo que era así).
Vas disfrutar da carreira, sen dúbida!
"Non te mates traballando pra levar cartos ao banco" (Xil Ríos dixit)