Lun, 16 Mar 2009, 22:00
Asunto: Preséntase un admirador "secreto"
Boas, como di o titulo, son un seguidor compulsivo deste foro dende fai xa uns meses. Moito levo aprendido de vos, sacando un pouco de cada un ármase unha de coñecementos impresionantes, agradézovolo.
Anímome a presentarme, teño 19 anos e son de Monforte aínda que pase a maior parte do tempo en Vigo, máis concretamente no CUVI. Levo correndo xa uns cantos meses 5 días á semana, 4 deles facendo uns 5-6km e o último reservado para os 10km (mellor tempo 51min).
Habitualmente corro pola pista de area-terra do CUVI ó escurecer, así que se alguén vai por alí fixo que me viu, e pola c/Morín en Monforte.
Nunca participei nunha carreira, gustaríame estrearme na de Monforte, aínda que non sei como trotarei por asfalto.
O meu reto persoal está en participar na VIG-BAY e acabala antes da entrega de premios
, claro está que este ano non vai ser.
O dito, grazas pola vosa vontade de compartir os vosos trucos cos demáis, e como non, a queimar zapatillas!