Foros ›
Selección Atletas Gallegos Cmpto España Cross Individual
Foros de debate / Atletismo en pista
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
powerbeade.

Novo foreiro
Novo foreiro
28/02/09
0 Carreiras
16 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 17 Mar 2009, 23:01
Asunto: Re: Selección Atletas Gallegos Cmpto España Cross Individual

Dende a entrada no autobús que nos iva a dirixir cara a Albacete respirábase un ambiente diferente a o de outros anos, o simple feito de que Pedro Nimo estivera no mesmo bus no que nos ivamos xa era algo que o diferenciaba doutos anos,a xente de atrás levantaba a cabeza para mirar se era verdad que viña con nos ata que sentado en primeira fila ollabas un pelo cor negro engominado,tiña que ser el...
Pasan as horas de autobús e de hotel ata chegar á hora da verdade e che toca correr e intestas facelo o mellor que podes.Unha vez acabas e tras facer unha pequena reflexion de como foi a carreira,xa estas pensando en cambiarte rápido pois os pratos fortes, coa carreira senior feminina e masculina xa se aproximan.
Ves pasar as mulleres e logo os homes, intentas quitar a cara de algún pois a tes visto pola televisión (Rosa Morato,Fuentes Pila,Castillejo....)e máis ou menos entre ti es os teus compañeiros sacas a cara das 20-30.
Xa como plato final vaste para a zona de meta e intentas animar o máximo os teus paisanos e te das conta que eles miran para ti pois non contan con escoitar o seu nome entre tanta xente,así que apretan os dentes e aínda collen a un ou dous case na línea de meta........e nese momento cando te das conta que colaboraches con este pequeno gran éxito pois todos formamos parte do atletismo galego cos nosos gritos e as nosas carreiras populares.........así pois GALIZA CALIDADE
PedroNimo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/11/05
0 Carreiras
1483 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 18 Mar 2009, 15:07
Asunto: Re: Selección Atletas Gallegos Cmpto España Cross Individu

Primeiro contestar a Bekeleblanco, agora estou metido na ruta... o próximo 28 farei a media maratón en Azcoitia, e o dia 19 debutarei en maratón en principio e se o corpo mo permite, en Viena. Logo disto, 15 dias de relax, correrei o 5000 ml e o 10000ml, e despois e moi poible que tente outra maratón... pero pouco a pouco, primeiro hai que rematar esta e Dios dirá... jejeje
Powerbeade, alégrome de que disfrutásedes da miña compañía, pois e fíxeno da vosa, a verdade e que tanto junior coma promesa ou senior fixemos todo o posible por que o ambiente fora o mellor posible... eu alégrome de viaxar con vós, foi todo un placer, e, si Dios quere, repetirei en anos vindeiros... son moitas cousas que cambiei... e moitas as que me quedan por cambiar!, jejeje... pero como ti dis... a gomina é a de sempre!,jajajajaja. Un abrazo moi forte e espero que vos fixese pasar unha boa viaxe.
Saludiños, Pedro
powerbeade.

Novo foreiro
Novo foreiro
28/02/09
0 Carreiras
16 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 19 Mar 2009, 20:26
Asunto: Re: Selección Atletas Gallegos Cmpto España Cross Individu

O deste ano soamente foi o primeiro prato, penso que o circuito de A Coruña con case seguro que vento e tamén moi probable que barro, venlle mellor á os atletas do norte de España e a Galiza en xeral, pois estamos máis acostumados a este tempo.....o que non sei e donde se fara o galego porque anos a tras cando se fixera algún campeonato de España en Galiza no coincidían os circuitos.

GALIZA CALIDADE
Admin

Adm
Adm
7/11/03
1 Carreiras
3129 Mensaxes
Galicia
Respostar citando Envío Ven, 20 Mar 2009, 9:05
Asunto: Re: Selección Atletas Gallegos Cmpto España Cross Individual

Los asuntos extradeportivos tratados en este tema han sido movidos a su foro correspondiente: Fuera de tema.

Muchas gracias por vuestra colaboración.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos