Ven, 20 Mar 2009, 17:00
Asunto: Re: Centro alto rendimiento Marisqueiro ( rias baixas)
Pois xa que poñedes os vosos entrenos, vou contar eu tamén os meus desta semana, aínda que a verdade é que foron ben cutres ata o momento:
Luns e martes: rascar a barriga (isto non serve para baixar os tempos, pero senta moi ben)
Mércores: 5' progresivos ata 130 ppm+70 minutos entre 150 e 160 ppm+5' baixando o rito ata 120ppm
Xoves: Houbo que celebrar o día do pai, así que parecido ao luns e o martes
Venres: 5' progresivos ata 130 ppm+7x(1km a 140 ppm+1km a 160ppm)+5' baixando ritmo ata 120ppm
Sábado: Tocarán 50' suaves sin ter en conta as pulsacións
Domingo: Carreira do CUVI
Pois nada máis, supoño que nos veremos o domingo na carreira