Dom, 29 Mar 2009, 17:13
Asunto: Re: X Vig-Bay
Moi boas, pois despois de pasar un bó rato no sofá, aquí estou, máis contento ca un cuco!!
Antes de nada e como xa fixo Etuxia darlle as gracias a Keniatablanco, primeiro por ofrecerse desinteresadamente a tirar de nós sen que nos lle dixéramos nada, e logo por como nos levou durante a carreira, un luxazo, está claro que aínda que correr hai que correr igual, non é o mesmo se tes a alguén da súa experiencia diante túa que che vai marcando os tempos e sobre frenando e acelerando nos momentos xustos, unha maravilla, por outro lado quedei flipado co nivel que ten, foi toda a carreira falando, sen forzar, máis pancho que pra que, cunha entereza que mete medo, o día que poida voltar a ir rápido...vai voar, xa llo dixen en carreira aló por praia américa, eu de maior quero se coma ti!!!
Agora a carreira en si, máis ou menos xa o dixo todo Etuxia, rápidos dende a saída e mantendo moi ben os ritmos, eu a partires do 17,5-18 xa ía un pelín máis tocado e o vento fíxome pupiña, pero apretei os dentes e ata o final. Entrei cun tempo real de 1h19'48''
, aínda non o creo, baixei case 12' o tempo do ano pasado e rematei bastante mellor, que máis se pode pedir!!!
A organización excelente e o día ideal pra correr. Alguén dixo que entre os primeiros houbera pouco nivel, pois entre os primeiros non sei, pero se mirades a clasificación hai un montón de xente que entrou por debaixo da hora e vinte de feito o meu posto foi o 124 e aínda entraron uns cantos máis, pra min isto é unha pasada, xa que non esperaba que tanta xente andivese tanto.
Pois nada máis que xa chega, felicidades a Etuxia, Lalo, Jeffxavi, Toxo, Iván, Moussanbani e a tod@s os demáis que sodes moit@s e fixéstelo moi ben!!
Ate a próxima!
P.D. GRACIAS ÁNGEL!!
pra pescar o rodaballo, hai que molla-lo carallo!!
celtaatletismo.es/blog/