Ven, 03 Abr 2009, 10:06
Asunto: Re: Cómo se debe correr una media maratón ?
A miña humilde opinión, hai que correla de maneira constante, é dicir se queremos e sabemos que podemos ir a un ritmo de 3´45´´por exemplo, como moito a partires do km 2, hai que ir a ese ritmo, que ahi unha costa abaixo, pois vainos sair un tramo máis rápido, que hai costa arriba, imos un pelo máis lento pero compensámolo cas baixadas, e sempre hai que tentar arañar un segundiño por aquí ou por alá, porque ao final a todos ou case todos, nos costa un pouco máis e podemos perder algo de tempo. Así cando remates saberás que o diches todo e o máis seguro é que cumpliras o teu obxetivo.
Por dicilo dalgunha maneira, as medias son moi parecidas a unha contrareloxio en bici das que tan ben coñezo, se saes moi lento, regulando, por moito que apretes ao final, non das recuperado o tempo perdido, pola contra se saes moi alegre, o final toupas e caeche un mundo, o correcto, saír fuerte pero constante a un ritmo duro pero soportable, e saían unhas cronos bárbaras.
En resumo, hai que coñecerse a un mesmo, ter claro cal é o noso umbral en carreira para non superalo ata o final, e saber sufrir. Por outra banda eu creo que para unha media hai que ter unha boa referencia de como imos nun dez mil, que para min é a base principal.
ala menudo fascículo acabo de soltar, coidarse e mirámonos na próxima!
pra pescar o rodaballo, hai que molla-lo carallo!!
celtaatletismo.es/blog/