Xov, 16 Abr 2009, 7:28
Asunto: Re: Carrera Solidaria Polígono del Tambre
Hola a TOD@S, en primeiro lugar, bos dias!...
Darvos varias noticias en referencia á carreira...
-A primeira é que xa podedes ver os datos da mesma en
www.atletismogalego.org e mais que xa podedes ir inscribíndovos, pronto aparecerán estes datos tamén nesta, a páxina de tódolos atletas galegos.
-Por outro lado, a noticia mais patética e sorprendente... durante meses a empresa FINSA ofreceunos o seu apoio, comprometeuse a pagar as camisetas, e mais a ceder unha serie de agasallos... pois ben, onte comunicáronme que TODA a sua aportación sería a de unha serie de agasallos valorados en 1000€... paréceme unha mofa, e mais cando libremete,(a cambio de colaborar como principais patrocinadores), lles permitin o uso da miña imaxe e utilizaron tamén o nome desta carreira e da cociña económica...
Fixéronse auto-publicidade e na sua revista mensual, reflexaron o seu copromiso social, o seu apoio á carreira... pois que ningén se engane, a realidade é esta, e hoxe se lle comunicou que prescindimos de toda a sua "axuda", fixéronse unha imaxe que non merecen e unha vez mais demostran cal é o seu compromiso social.
En fin, non temades pola carreira, pois hai moitos pequenos e medianos empresarios, así como particulares cun gran compromiso, eles, ó igual que nós, porán o seo graniño de area, ara que, unha vez mais, esta carreira se celebre.
Eu marcho para Viena, este domingo correrei a maratón... xa vos contarei!. Tan pronto como estea de volta, entregareime en corpo e alma a esta carreira... na cal pode que sexa este o último ano en que me vexades "o frente", varios anos puxen cartos do meu bolsillo e visto o visto, un cae no desánimo... os que mais poden, menos fan... e é moi dificil tirar para adiante sin todo o apoio necesario, pedindo favores persoales...
En fin, unha aperta e coidádevos todos moito;
Pedro Nimo del Oro