Dom, 12 Abr 2009, 12:33
Asunto: Re: MARATON DE VIENA - 19 ABRIL
¡¡¡Que vos podo dicir???, pois o de sempre, moitas GRACIAS, de corazón. Sabedes que dunha ou outra forma, todos estaredes representados en Viena, o atletismo galego estará presente nesta carreira, e eu terei a sonte de ser o voso abandeirado...
Prométovos unha crónica detallada, podedes contar con iso... e se podo, fotos... e todo o posible para que "corrades comigo" a que din é, a maratón mais fermosa do mundo.
No que á marca se refire... buf, non olvidedes que ANTE TODO é o meu debut... o primeiro obxectivo será rematar, e todo o que pase diso será un éxito rotundo... xa vos podo adiantar que vou algo xustiño de kms... pero sobrado de gañas, ilusión e forza... pasarei a media maratón a 3´10"... ou o que é o mesmo... 1h06´30"... e dende ahí, ¡¡¡Dios dirá!!!.
Agora só falta que o clima sexa minimamente bo, a temperatura adecuada... e todo saia, NORMAL...
O dito, unha forte aperta a tod@s e unha vez mais, gracias por estar ás duras e ás maduras... xa sabedes que para o bo ou o... menos bo... vos teredes parte de "culpa", jejeje.
Pedro Nimo del Oro