Dom, 19 Abr 2009, 18:00
Asunto: Re: I Cross Ambiental Concello de Ordes
Aqui vos deixo o regulamento.
Un saudo
I CROSS AMBIENTAL CONCELLO DE ORDES
O Atletismo Ordes organiza a primeira edición do I Cross Ambiental
Concello de Ordes xunto ao Campo da Feira o sabado 23 de mayo de
2009 e de acordo ao seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa
clasificación conxunta. O Control das carreiras estará a cargo do Clube
Atletismo Ordes.
2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
PITUFOS: 0-4
BENXAMIN: 5-8
CADETE: 9-16
ABSOLUTOS: 17 EN ADIANTE
3. DISTANCIAS E HORARIOS
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
17:00 PITUFOS 100 M
17:05 BENXAMIN 500 M
17:15 CADETE 2000 M
17:30 ABSOLUTOS 8450 M
4. PREMIOS E TROFEOS
A) Pitufos: Levarán os 5 primeiros clasificados de cada categoria tanto
homes coma mulleres. E os tres primeiros locais tanto másculinos coma
femeninas.
B)Benxamin: Levarán os 5 primeiros clasificados de cada categoria tanto
homes coma mulleres. E os tres primeiros locais tanto másculinos coma
femeninas.
C) Cadetes : Levarán os 5 primeiros clasificados de cada categoria tanto
homes coma mulleres. E os tres primeiros locais tanto másculinos coma
femeninas.
D) Absolutos: Levarán os 40 primeiros homes e as 20 primeiras mulleres .
E os tres primeiros locais tanto másculinos coma femeninas.
5. As inscricións poderanse remitir ó correo electrónico
atletismoordes @ hotmail.com , ou nos teléfonos 881981187 - 660694586 e
no formulario da páxina web facendo constar os seguintes datos: Nome e
Apelidos, data de nacemento, clube (se o ten) e localidade de procedencia .
O prazo de inscrición acabase o dia 21 de mayo as 22:00 horas.
6.A saída terá lugar na zona do Campo da Feira de Ordes. Disputarase
sobre un circuito de terra na súa maioria no cal a organización avisa da
imposibilidade da utilización de zapatillas de clavos por existir unha parte
de asfalto . Haberá servicio de duchas e vestiarios a disposición dos atletas
na piscina municipal.
7.Os participantes estarán na saída 10 minutos antes do comezo da súa
proba.
8.A entrega de dorsais terá lugar 30 minutos antes da proba. Os dorsais
colocaranse nun lugar visible no peito.
9. Respetándose a publicidade existente neles. Caso contrario infractor
será descalificado
10. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes e
tamén a entrada ó circuito de toda persoa allea á carreira.
11. A Organización non se responsabiliza dos danos moraisou materiais
que, a sí mesmo ou a outras persoas,ocasionen os participantes das
diferentes probas, antes,durante ou como consecuencia da súa
participación nesta proba.
12. A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera
aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
13. A participación na proba suporá a total aceptación deste Regulamento.