Lun, 20 Abr 2009, 15:22
Asunto: Re: IV Media Marathon Concello de Vilagarcía
Pois por Vilagarcía tamén andaremos o señor Etuxia e máis eu, e como na Vig bay xa conseguimos máis ou menos o que queríamos no que a tempos se refire, pois nesta imos saír "a lo loco", e a ver que pasa, se aguantamos estupendo e si rebentamos pois estupendo tamén que deso se trata.
A idea é tentar baixar as marcas da vig bay, polo que Etuxia tentará andar por 1h17' e eu en 1h 18'. sairemos xuntos e xuntos aguantaremos ata que un vaia demasiado rápido.
Pero bueno a idea é pasar un bo día e desfrutar da carreira coma enanos, e sufrir coma cans claro está!
Un consello pros que nunca correstes esta media, e plana case de todo, polo tanto non hai descansos nin tramos pra poder relaxar, hai que correla a ritmo de principio a fin se queredes facer boa marca, digamos que é do estilo do 10000 de Xinzo, así que non se cegar o principio, tratai de ser constantes e seguro que vos sae un carreirón!!
ala sorte a tod@s!!!!
pra pescar o rodaballo, hai que molla-lo carallo!!
celtaatletismo.es/blog/