Mar, 21 Abr 2009, 15:09
Asunto: Re: ...SOLO PUEDO DECIR... ¡¡¡GRACIAS!!!
Noraboa,Pedro.Con esto demóstrase que
o movimento se fai andando,e non pontificando e sentenciando quen vai ser internacional e quen non.A grandeza deste deporte é que
casi todo depende do noso esforzo persoal e non de casualidades.
Hai que sobrepoñerse a todo:á falta de axudas,o cansancio,ás críticas de compañeiros...Soamente
a fe dun mismo cando os demáis non creen nun e a
axuda do entrenador cando se ten e da familia cando te apoia ou polo menos te deixan entrenar, fan que un chegue ó máis alto.Aquí non valen os nomes,senón as marcas .
Cada un debe seguir coa súa idea e
tratar de dar de sí o máis posible.
A fortaleza sicolóxica no maratón é moi importante,aínda que se ten que ter cualidades físicas e moito entreno.Hai cousas que parecen imposibles,pero cando as consigues eres a persoa máis feliz da terra.
Desexo de todo corazón que sigas coa túa
progresión e demostres que eres o grandísimo atleta que penso que chegarás a ser.
Os mellores momentos aínda estan por chegar.