Xov, 23 Abr 2009, 17:41
Asunto: Re: dorsal para media villagarcia
Boas tardes, por alusións vou a responder os vosos comentarios.
O prazo de inscrición, com algún forero indicou foi de un mes dende o 17 de marzo o venres 17 de abril, 9 días antes da proba. É certo, que para moitos atletas é máis cómodo inscribirse o mesmo día da proba, pero como organización, eso xenera un problema en canto a ¿cantas camisetas de agasallo necesítase?,¿canta froita ou augas para os diferentes avituallamentos precísanse ante unha proba desta distancia?, ¿para cantos atletas contratas o seguro de accidentes?, nos, na Carreira Nocturna que organizamos no verán, de 8 km. de distancia, permitimos a inscrición o mesmo día, pero entendemos que o que require a organización dunha media, na que este ano inscricibironse máis de 1100 atletas, non se pode dixar para o último momento, e debe estar todo argallado canto antes. O fin e o cabo, despois cado hai retrasos na entrega de dorsal ou pouca auga nos avituallamentos,ou os primeiros que rematan collen máis bebidas isitónicas a "culpa" e da organización.
De todos modos, esto non émáis que unha opinión persoal na que podo estar equivocado, así que agradecemos todo tipos de comentarios e críticas, sexan positivas (esperemos que a maioria deles) ou negativas, pois de todo aprendemos, e o fin e o cabo vos, os atletas , sodes os principais protaginistas deste evento. Un saúdo e grazas por correr con nos