Xov, 23 Abr 2009, 9:17
Asunto: Pre-Llisboa
Hola a todos/as:
Xa van case cinco meses dende que me presentei, e vos comentei que este ano ía estrenarme no tri. En concreto no 1/2 Ironman de Lisboa. Pois ben, pasou o tempo e despois de todo este tempo de entrenos e uns cuantos kilos menos, dentro dunhas horiñas marcho para alá.
Quixera dende aquí agradecervos a todos os consellos, ánimos e demáis que me trasmitíchedes, en especial a Pequecho pola súa compaña nas mañanciñas na piscina ( espero facer algún tri xuntos ), e a Ara74, moitas grazas por tranqulizarme e aclararme tódalas dúbidas que me quedaban, espero saludarte por Lisboa, e non seguir a túa estela ( quédame moito....), pero sí collerte coma referencia.
Tamén dende aquí gustaríame darlle as grazas a Eva, a miña monitora de natación, quédame moito por millorar, pero grazas a ela "algo" millorei.
E finalmente a Ana, a miña dona, sen ela todo isto sería impensable, ela anímoume a meterme neste mundillo xa vai uns anos, e apesares de tódalas horas que lle resto, segue estando aí. Para ela "No hay nadie como tú" de Calle 13. E os meus fillos Breixo e Uxía, por darme esas apertas cando chego de entrenar, e animarme, aínda que xa empezan a dicir : "¡ jo ! papi, tí nunca gañas..."
Pois iso, grazas.... e xa vos contarei