Foros ›
Autor
Mensaxe
Breixía

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/01/09
0 Carreiras
69 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Xov, 30 Abr 2009, 20:06
Asunto: Post Lisboa

Hola de novo:

Xa estou de volta, xa podo dicilo son ¡ FINISHER!.

Pódese dicir que estou que non mexo, e cada día que pasa doulle máis valor. Quero agradecervos a todos os mensaxes de apoio, e tal como pedíchedes vos farei a "miña" crónica.

Son as catro e media de mañá, e ainda que puxera o despertador as cinco, xa non aturo na cama, así que con coidado de non despertar a toda a familia levántome. Durmín ben ata a unha e media (dende as 22:30 máis ou menos ), pero dende esa hora non fixen máis que dar voltas na cama, e na cabeza. Dúchome, vístome, desayuno e repaso mentalmente todo o que xa repasara a noite anterior. As cinco e algo empezo a despertar a todo o mundo, e mentras eles se espabilan e demáis, eu vou baixando a bici o coche e todo o equipo. Sobre as seis saímos do hotel dirección o Parque das NaÇoes, non sen algún problemilla chegamos a iso das 6:40. Xa atopo a algúns coches con bicis, e algunha xente en bici, así que empeza o ambente. O día non está de todo claro, fai frío e temos nubes, parece que non vai facer calor.

Nos diriximos os boxes e polo camiño atópome a Ara74, saudámonos e desexámonos sorte. Atopo o meu sitio e empezo a montar a "tenda" na cestilla que me deixaron. Coméntanme que teño que validar o chip, así que vou para alá e ademáis píntanme o dorsal nos brazos e pernas.

Poño o neopreno axudado por un compañeiro vasco que teño o meu carón, e despois de darlle os bicos de despedida a familia, vou para o sector de natación. ¡ Foder ! ou teño moita cabeza ou o gorro que nos deron é unha merda... o final consego poñelo e para a auga.

Dan a saída e ...alá imos, os primeiros metros son un certo caos de golpes, das e recibes, pensei que somentes serían os primeiros metros, pero o final a primeira volta foi un caos, máis que pensar en técnica e deslizamento, todo o que facía era intentar non estar chocando todo o rato ca xente, máis dunha vez tiven que facer cedas o paso para que non me atropelaran; na segunda volta por algún intre conseguín ir algo máis só, penso que era porque ía totalmente fora da trazada, digamos que o típico "pringao" que vai facendo máis metros cos demáis, e a xente de fora que ve a prova dí que vai perdido; nos últimos metros volvín o meollo e rematei a parte de natación moi fresco, a verdade é que fun moi cómodo co ritmo e non me compliquei a vida, foi coma un rodaxe suave.

Saio como podo, esbarábase moito, e imos pola bici. Quítome o neopreno, e prepárome para a bici con certa calma. Empezo a rodar, e quitando os primeiro metros de adoquíns e algunha curviña, chegamos a unha autopista pechada para nos. O trazado parece xeitoso, pero o tempo non acompaña e o sol non remata de sair, o vento sopla a rachas e fastidia o seu. A miña táctica para a proba era ir cómodo ata que puidera, porque o fin era rematar. Así que na bici conservei a miña idea de manter as pulsacións entre o 75 e 85% e a cadencia entre as 80-90 rpm. Os kilómetros van caendo e vou moi cómodo, nas primeiras dúas voltas paso a bastante xente, e comprendes que o final o que andan son as pernas e non as bicis ( ainda que supoño axudarán ). Cada vez que paso polo inicio da proba tomo unha barrita, e todo vai ben. Según tiña entendido tíñamos que dar tres voltas o circuito, así que na terceira encárgome de rematar caseque todo o líquido que levaba que me fará falla para a carreira. Chego a zona que eu penso de transición e resulta que son catro voltas, así que me levo un palo ( case non me quedaba líquido ), e empeza a chover; tómome con filosofía esta nova volta ca que non pensaba e aquí sí que me pasa bastante xente. O circuito ten unha costa curiosa e nesta última volta teño que porme de pé na bici para superalo. Esta vez sí, chegamos a carreira.

Deixo a bici, e exprimo o que pouco líquido que me quedaba nos dous botes, collo outra barrita e a rodar. O pouco tempo de empezar noto coma se tivese arenillas nos dedos e penso " ¡ fodinna !, metéronseme arean nos pes e vanme facer bochas ". O cabo dun rato empezo a deixar de notar as "arenillas" e doume conta que era frío, tiña os pes moi fríos e ata que empezaron a coller temperatura deron esa sensación. Durante a carreira tamén fun cómodo, controlei menos o pulsómetro, neste sector deixéime ir polas sensacións, e fun rodando coma se fose un entreno. Tamén tiña entendido que eran tres voltas, pero como na terceira empecei a dudar, pregunteille a un compañeiro e díxome o mesmo que na bici, que meta era o pasar por cuarta vez. Mo volvín a tomar con filosofia ( quedaba menos e me atopaba ben ), e na terceira volta por meta díxenlle a miña dona que entraría en meta cos nenos. Seguín o meu ritmo e no último kilómetro xa empezas con aquelo de " vou ver se pillo a aquel que vai diante, e despois a ese outro ", e así fun pasando a bastante xente ata chegar a meta. E de dicir que o circuito de carreira é bastante malo, adoquíns, baches, moi estreito, e nalgúns tramos compartías cos transeuntes a carreira, pero non tiven ningún incidente. A uns 70 metros de meta collo os meus nenos da mán e alí imos os tres rindo e correndo. ¡ FINISHER!

Síntome cheo, e moi ledo. Rematei moi entero e de feito esa mesma tarde estiven andando en coche de pedáis cos nenos e apenas tiven maniotas.

Chegados a casa vin o resultado na web e digamos que "flipei", as miñas millores espectativas eran duns 35-40 mínutos en natación, de 3 a 3:30 h na bici e de 1:45 a 2:00 na carreira. E finalmente fixen 32 en natación, 2:50 na bici e sobre todo 1:35 na carreira, que tendo en conta que o meu millor tempo en media maratón é 1:29, o considero extraordinario; sobre todo pola sensación de ir moi cómodo e despacio durante o mesmo. Na primeira transición tardei 5:59 e na segunda 4:50, ou sexa un desastre. E o meu tempo total foi de 5:08:57, sendo o 239 de 503 que rematamos.

Foron vinte semáns de entreno, pero está claro que o traballo da o resultado.

Como remate, vos podo dicir que todo o material foime moi ben, somentes tiven un pequeno desaxuste co cambio da bici ( saltaba dúas marchas en vez de unha, e tiña que andar buscando o seu punto, ou acostumbrarme a levar a musiquilla da cadea rozando co desviador ). Podo dicir que os calcetíns, gafas e casco do Lidl foron de p.nai, o igual que a roupa de 2XU, o neopreno ( mercado en internet ) somentes o usara unha vez ( e me rozara no pescozo ), pero nin me enterei que o levaba durante a proba. As gomas elásticas das zapas mercadas na mercería foron de medo, e as Saucony Grid Tangent vanme de cine. Podo dicir que case todo o que podía sair ben, saíu ben.

Pois iso é todo. Se chegades o final é que non tedes moito que facer, porque o tocho que me salíu é importante.

Grazas pola atención, e se queredes máis datos non dudedes en preguntar.

Bueno, vémonos no triatlon de coruña ¿non?
el_chapun

Novo foreiro
Novo foreiro
6/01/09
0 Carreiras
46 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 01 Mai 2009, 1:41
Asunto: Re: Post Lisboa

Só dicirche noraboa Moi feliz
ezaqui

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
5/02/06
0 Carreiras
1032 Mensaxes
santiago
Respostar citando Envío Ven, 01 Mai 2009, 9:46
Asunto: Re: Post Lisboa

grande tio,grande.esperemos q eu poida tamen rematar o ironman de 2011.
jecarqui

Foreiro Senior
Foreiro Senior
12/10/05
0 Carreiras
721 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 01 Mai 2009, 12:40
Asunto: Re: Post Lisboa

Enhorabuena y buena cronica. Ahora recuperate que en breve inniciamos la temporada gallega de triatlon. Si no hay nada en contrar nos veremos en Coruña. Saludos y a entrenar

Saludos a tod@s.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos