Dom, 10 Mai 2009, 16:13
Asunto: Re: Carreira As Agüiñas
Primeiro de todo felicitar a
Safardatxo e a súa moza polas fotos, están moi ben e no meu caso tocoume sair nunhas cantas, que ben
. Gracias tamén polos ánimos que me destes durante a carreira, o mesmo que a
Nikito (non te recoñecera coa gorra
),
Banderas (mala persona, que me doblou na súa ultima volta
),
Irdam e algún outro foreiro e non foreiro que me deixo no tinteiro, o ambiente estivo moi ben e a xente andaba como foguetes (so había que ver a volta que demos a pista de atletismo como ia o personal
)....En canto a carreira en si fíxena práticamente toda con
javiyl (encantado de coñercete e pensa no que che dixen do marathon do Miño por relevos
), aínda que contra o final pagou un chisco o esforzo pero para ser a sua terceira carreira pode estar ben orgulloso
, noraboa!!! A min pasoume un pouco coma onte no Pino, mellor as últimas voltas (en parte polo relevo que me fixo
Safardatxo ) que as primeiras. Podo darme un aprobado alto tendo en conta o esforzo de onte, a calor e a humidade, e que o circuito sen ser complicadisimo tiña o seu aquel, como todos os crosses cos xiros, subidiñas suaves, terreo irregular.....vamos o típico.....O final 42 minutiños e bo avituallamento e bonita camiseta. Noraboa a organización
, se podo repito o proximo ano, estoume aficcionado a isto das carreiras tipo cross, sonche moi divertidas (e sufridas)
Se eu puiden, ti tamén...