Mar, 05 Mai 2009, 22:37
Asunto: Noites alternativas Concello de Viveiro - BTT
Boas a tódolos foreiros !
Desde a Concelleria de Xuventude do Concello de Viveiro veñense realizando durante os últimos anos un programa deportivo, de ocio, talleres etc para toda a xente que queira facer cousas diferentes as noites dos venres e os sábados, e
aquí vos invitamos para este mes de Maio
Venres 8 : Ruta nocturna de sendeirismo (3 h aprox.)
Sábado 9: Saída nocturna en BTT , ÁS 21 h
Venres 15: sendeirismo e descenso en kaiak do Río Landro
Sábado 16: Taller de mecánica (frenos, cambios etc) e despois saída nocturna en BTT (zona do Penedo de Galo)
Venres 22: Combinada Nocturna KAIAK-BTT-TREKING ! La caña !!!
Sábado 23; Proxección comentada "Viaxe por Laos (sudeste asiatico) en btt.A continuación saída en BTT (zona do Monte Castelo)
Venres 29: Sendeirismo e descenso en Kaiak
Sábado 30: Taller mecánica (centrado de rodas) e despois saída en BTT (zona Silvarosa).
O rematar cada xornada haberá duchas e chocolate quente para todos !!!!
Recordade que está invitado toda a xente que queira, sexa ou non de Viveiro. Tódalas actividades son gratuitas.