Dom, 10 Mai 2009, 20:02
Asunto: Re: III MARATON DO MIÑO
Para que teñades tema de discusión os que fagades equipos: se manteñen o trazado, o primeiro relevo sae da Praza Maior de Ourense e circula por varias rúas ata desembocar nunha ponte que cruza a carretera de Monforte na zona de As Lagoas... despois baixar o río ata Outariz e subir para dar relevo no parque fronte o Centro Comercial. O segundo relevo sae cara a Oira, cruza o río na presa de Belle e baixa facendo o mesmo que o primeiro relevo. O terceiro relevo fai o mesmo que o segundo menos a chegada, xa que sube a unha das rúas do barrio de A Ponte que o leva ata a Ponte Romana, subese e a meta está xunto no final.
O primeiro relevo sae ás 9 da mañá con fresco e fresco.
O segundo relevo ten que estar preparado dende as 9:30 e as 10 e pico...
O terceiro relevo SUFRE máis que ningún: ten que esperar máis tempo, case todo o tempo faino de pé, chupa o calor que vai subindo xa que nesas datas ainda apreta... eu fun TERCEIRO relevo, por eso o digo...
"El que no corre, vuela"
Esprintes Ourense
www.esprintesourense.es