Mér, 06 Mai 2009, 13:43
Asunto: Re: pies
en canto ás feridas, rozaduras,.... eu miraría de
usar o tipo de calzado adecuado. Creo que debe ser o factor fundamental, pois tantos problemas non son un caso puntual.
Tamén pode que leves as zapatillas demasiado axustadas, ou demasiado frouxas co cal estás facendo presión sobre zonas do pe que no deberían sufrilas.
Se tes un tipo de pel que padece esos problemas quizáis deberías preguntar nunha farmacia (ou directamente ó teu médico) se hai algún tipo de crema que os coide mellor.
Procura usar calcetíns tamén adecuados.
Eu actualmente teño uns "tenis" moi xeitosos pero... coincídeme unha costura xusto no dedo meñique e teño que poñerlles unha tirita ou apósito para que non me roze e forme callo. Espero que nunhas semanas xa non me faga falta (irán cedendo)
Cóntocho porque ó mellor pequenas solucións como a miña son aplicables a algún dos teus problemas.
edito: non aforres mercando o calzado.
Non digo que sexa o caso, pero igual gastas 300leuros nun pod desos ou runergps e non 100 nunhas zapatillas axeitadas.
saúdos.