Mar, 23 Mai 2006, 10:04
Asunto:
Non sei, eu non conseguin atopar nada
con respecto a eso.
Igual non enfoquei ben a miña consulta :?.
Cando dende que empecei a correr, fun pasando polas seguintes limitacións:
Primeiro o peito, corria pouco, despacio e subía de "revolucións" moi rápido. Non daba para mais.
Cando conseguir superar es limitación (sempre falando ó meu nivel, claro), atopeime con limitacións "mecánicas". As pernas non daban mais de si, iban moi forzadas e ás veces costábame non perder o equilibrio. Tamén chegaron os problemas de xeonllos.
Aparentemente, xa superei eses problemas (sigo falando ó meu nivel, de pasteleiro). A semana pasada corrín 3 carreiras (cortiñas, eso si), e tanto de peito como de pernas xa non me queixo.
O que si notei é outra limitación nova, a respiración. Chega un momento que me da a impresión de que me quedo sin aire, vamos, que non dou respirado o suficiente, que o aire que "trago" non me chega, non sei se me explico. Esto é o que fai que actualmente non poida correr mais. Por outra banda vexo que a xente que corre ó meu carón, non leva a respiración tan forzada coma min.
Eu non sei se estou respirando de forma incorrecta, se me estou esixindo demasiado (repito, sempre falando ó meu nivel) ou se hai outro problema, por eso estaba buscando información sobre o xeito apropiado de respirar cando se corre, se é q hai, claro.
E como hai xente que suele gardar ligazóns a artigos interesantes relacionados co tema, ou sabe onde atopalos, o único que pretendía é aforrarme o tempo de andar buscandoos por ahí, e separando a palla dos bos artigos.
Saúdos