Dom, 24 Mai 2009, 18:44
Asunto: Re: Carrera Solidaria Polígono del Tambre
banderas escribió: |
Un pracer compartir afición con xente tan marabillosa... e magoa que non me tocou unha das "zapas" de Marta Domínguez (teño unha envexa que non miro dalgún que eu me sei)... grrrrrr!!!! no enorme sorteo que seguíu á carreira |
Jajaja, non teñas envexa home, que é pecado e vas ó inferno de cabeza
. A verdade é que estou ben contento coa zapa, non contaba nin de coña que me tocara nada, e cando escoitei Iván (xa me puxen...) e despois...Grande Fernández...mimá!! miñaaa!xD.
En canto á carreira, por fin coñecín ao último membro do equipo que me faltaba:
nopudoser, co que compartín toda a carreira ata a última subida, que me deu por subir un pouco o ritmo, aínda que creo que empecei moi pronto, porque me chegou a subida de carallov
. En xeral, disfruteina, o ambiente..incríble, non se vía esa competitividade doutras, foi unha carreira para estar a gusto...se non fora polas costiñas, que facían desaparecer ese gustiño jeje. Ao final, 38:02, que para o que entreno ultimamente, entre mal tempo e lesión...non me podo queixar. Así que, despois de todo iso...estou como unhas castañuelas, máis contento con este domingoooo
Un saúdo e deica a próxima!