Lun, 26 Feb 2007, 1:20
Asunto: Re: TRAIL RUNNING
Bugarin escribió: |
Hola:
Non entendo moi ben por que as carreiras por asfalto teñen tanto exito en contra das de montaña que case non teñen aceptación e, de feito en Galicia só temos dúas a de Boborás e o maratón de Cabeza de Manzaneda, que eu saiba.
Todo isto para preguntar por que todas as carreiras son por asfalto. |
Esta claro
Bugarin,que maioritariamente os atletas as preferimos sobre asfalto,e se é posible,sin moitas costas.
Tamen queroche decir,que de cara o publico,pois sempre será mais seguida unha carreira que transcurra polo medio dun pobo,que por pistas solitarias en plena montaña.
Tamen discrepo contigo con respeto as lesions,ben sabido é,que mais doado é lesionarse en terreo sinuoso e irregular,que en piso liso e regular.
Mentras que o asfalto e fastidiado,sobre todo,para as sobrecargas,pola montaña,ademais de sobrecarga,correse o risco de torceduras de nocello.
Mais inconvintes que ten a montaña,pois poden ser a nivel organizativo,si dispor un sitio con instalacions,ben de duchas,ou ben a falla de electricidade para procesar o tema informatico das clasificacions,tamen o engorroso que pode ser o ter que transportar todo o material monte arriba,digase meta,vallas,trofeos,ademais do persoal voluntariado,medios sanitarios,etc.
Ben certo é,que querendo,todo se fai,pero por todos estos inconvintes,e algun outro que seguramente quedoume atras,non temos cultura de facer carreiras de montaña como en outras comunidades autonomas.