Foros ›
III SUBIDA AO IROITE-O JRAN RETO DO ANO...OU POLO MENOS O 1º
Foros de debate / Kedadas e grupos
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
jabato

Maratoniano
Maratoniano
5/12/07
0 Carreiras
513 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 03 Xan 2009, 14:56
Asunto: Re: III SUBIDA AO IROITE-O JRAN RETO DO ANO...OU POLO MENOS O 1º

moi bonita a prova do iroite , xa me tarda a do ano que ven a verdea e que e solo para xente moi valiente sejuro que para o ano somos o doble.enhorabuena a todos os que organizastes todo moi ben saludos desde o freixo
Barbanzon

Montañés
Montañés
8/06/06
0 Carreiras
660 Mensaxes
O Barbanza
Respostar citando Envío Ven, 09 Xan 2009, 12:14
Asunto: Re: III SUBIDA AO IROITE-O JRAN RETO DO ANO...OU POLO MENOS

Perdón pola tardanza Rezar Avergoñado
O día primeiro de ano resulta compricado facer calqueira actividade, salvo por suposto durmir Muerto Silbar ... en cambio un grupo de VALENTES (porque non teñen outro nome), cambiaron a mullida cama polo duro asfalto, e a calefacción pola chuvia o vento e o frío, e afrontaron un reto case épico, subir ao Iroite o primeiro de ano baixo unhas condicións climatoloxicas nefastas Muerto ... Ali estaban foreiros coma aficionado, jabelo, gallego, mediterraneo, jabato, keniatablanco, miguel anxo, trevinca, fonsoster (encantado)... e non foreiros coma Rubén, Guillermo, Evaristo, Daniel, Matias Regueira, César ... e un montón de xente que non coñecía... ademais este ano contamos ca participación de tres rapazas (nunca antes contáramos con participación feminina)... e que decir de lentoperosejuro que puxo a nota de cor da subida... un aplauso campión, iso si que é bó humor :=D> Ríndose ...
Na liña de saída, a pesares do frío, da chuvía, da néboa e de ser 1 de xaneiro había 29 persoas... incrible Abraiado ...
Os honores na saída fixoos Pachicho (moitas gracias por todo amijo), e xa no comezo un numeroso grupo (duns quince) foise diante a un bó ritmo, o resto fomos subindo pouco a pouco cada un ao seu ritmo, sen presa pero sen pausa... De vez en cando caía un chaparrón Muerto , para que nos preguntaramos “que carallo facemos aquí, co ben que estaríamos na casa…”. Na larga subida coincidín un anaco con keniatablanco, encantado de coñecerte Moi feliz e ogalla leves a cabo todolos teus proxectos deportivos, despois dun rato, como supoño que lle collía o frío, tirou para arriba e perdeuse na neboa. Tamén enlacei con outro foreiro, miguelanxo, fantástico o proxecto de ter unha sección de atletismo nun clube de fútbol Angel , para demostrarlles á algúns (coma a mín) que o “deporte rei” non ten porque acabar co resto dos deportes, un aplauso por esta iniciativa :=D> e un pracer compartir kilómetros contigo. Moi feliz
Cando estabamos a piques de chegar á meta xa baixaban algúns dos primeiros Abraiado , vaia cracks, os gañadores foron 3 rapaces que chegaron á xunta (sintoo non sei os vosos nomes...), e creo que o record de Lestrove pasou á historia (fixeron 42:08), sintoo moito meu... Guiño
Chegamos á meta cun tempo de 47 minutos largos, e alí xa había uns cantos rapaces, dende logo este ano ademais de ter unha participación numerosa había moito nivel. Abraiado
Arriba agardaba Pachicho co seu coche cheo de cousas: roupa seca, chocolate quentiño (cortesía de Lucia e Toñito, moitas gracias), aquarius (donados por Abraham da carreira Virxe da Guía), camisetas (donadas por Náutica A Poutada, que non chegaron, non contabamos con tanta participación, sintoo moito polos que quedaron sin elas...), churros (cortesia de Pachicho)... en definitiva, aquelo non era un coche era unha caixa de sorpresas... Ríndose
E pouco a pouco, foron chegando o resto dos valentes. O trofeo feminino decidiuse na mesma liña de meta e gañouno Bibi despois dun duro sprint con xolinha e lentoperosjuro, noraboa campionas Moi feliz
Debido ao mal tempo non se fixo a tradicional entrega de trofeos arriba, alguns para non enfriar foron baixando correndo outros foron baixando en coche, e cando chegaron os derradeiros baixamos o resto no IMPRESIONANTE coche de Pachicho Ríndose
Xa na liña de saída fíxose a entrega de trofeos (donados por Náutica A Poutada) ao primeiro home en chegar (que neste caso foron tres á xunta) e á primeira rapaza, Bibi.
Noraboa a os gañadores e a todolos participantes... perdón... NORABOA A TODOS OS VALENTES QUE SUBIRON AO IROITE O DÍA 1 DE XANEIRO DE 2009 :=D> :=D>
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Mensaxes
Lestrove
Respostar citando Envío Ven, 09 Xan 2009, 15:43
Asunto: Re: III SUBIDA AO IROITE-O JRAN RETO DO ANO...OU POLO MENOS

!! Dios,por tan soio 17 segundos joder.....me o record !! Muro
fonsoster

Foreiro infantil
Foreiro infantil
9/11/08
0 Carreiras
50 Mensaxes
O Grove
Respostar citando Envío Ven, 09 Xan 2009, 17:20
Asunto: Re: III SUBIDA AO IROITE-O JRAN RETO DO ANO...OU POLO MENOS

Hola a tod@s!
Este ano 2009 quería comezalo da mellor maneira posible e xurdiu esta SUBIDA A IROITE e nin o pensei dos veses!, logo na san silvestre da Toxa estiven falando con Bibi e comentoume que tamen ia ir e como non sabía onde era ese famoso Iroite guioume dende Boiro( e de paso animou a sua amiga a participar). dende logo 29 persoas para subir 9km co día que fasía era un reto!!!, non lembraba a subida , dende o comezo un grupo de xente foron escopeteados e eu a meu ritmo acompasado, ao principio falando con Keniatablanco(encantado,) e logo ao pouco xa se escapou entre a neboa...logo xa pola metade tamen estiven falando con outro rapás de perilla( nunca me lembro dos nicks da xente), ao final dinme de conta que xa coñecía a subida de fai anos de subila en bici co equipo Cortizo nos anos xoves nos que competía....( como pasan os anos....)
Logo chegada as Bases (a menos de 1km xa estaban baixando un grupiño dos escapados...), meta, un FOCUS FULL EQUIP con chocolate, camisetas....etc etc, a caña! Ata fotos!, logo a baixar polo monte con Bibi e varios mais...
Moi contento por como se desenrolou todo e enhoraboa aos Organizadores, nada, que creo que en nada xa teremos aos de Cronotec ou alguns destes....jejjejejeje
Agora nada, toca Xinzo e planificar a temporada
Saudos a tod@s!
Barbanzon

Montañés
Montañés
8/06/06
0 Carreiras
660 Mensaxes
O Barbanza
Respostar citando Envío Lun, 12 Xan 2009, 10:23
Asunto: Re: III SUBIDA AO IROITE-O JRAN RETO DO ANO...OU POLO MENOS

Onte quitaron a noticia no xornal, aquí a tendes III Subida ao Iroite
Saudiños e vémonos en Viana do Castelo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos