Ven, 26 Ago 2016, 8:53
Asunto: Re: Diario de eumealto
Mércores 24
8.13 kms a 5'34'' (Tirada rodeando o casco urbano de As Pontes)
Tiven un día complicado de traballo e viaxe a Lugo incluido, chegando ás 22:30 da noite moi cansado, pero non quería deixar pasar outra vez 2 días entre entrenamentos, e a pesares da tormenta boteime ó asfalto a esas horas intempestivas. A pesares de ser noite pecha facía moito bochorno e unha humidade tremenda. Cando comecei chovía e os 4 primeiros kms picaba lixeiramente para abaixo, polo que rodei cómodamente entorno ós 5'19''. Pero logo parou de chover, e os últimos 4 kms, pican para arriba co engadido que a calor e a humidade empezaban a martillearme, así que o ritmo cambiou a peor, pero din feito os 8 kms que tiña pensado facer.
Satisfeito por ir rodando distancias xa algo decentes, sin atisbo de molestias no xemelgo dereito (algo cargado o esquerdo pero leva así meses, cargándose e descargándose él só cando lle peta, esí que a ese non lle fago moito caso
) Os seguintes obxetivos son ir incrementando as tiradas e volver a meter unha sesión de circuito rompepernas semanal que teño as subidas bastante desentrenadas.