Foros ›
XXXV Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría 12-12-21
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
473 Carreiras
3691 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 12 Dec 2021, 23:33
Asunto: Re: XXXV Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría 12-12-21

Dende o 2013, sen correr esta Media, xa non me acordaba da dureza da mesma, tiña en mente a da Avda. de Esteiro e despois da ponte de Xubia, e que había algunha máis. Pero a estrada de Castela, non cría que era tan sube/baixa.
Tercera media do ano, todas feitas nun intervalo de 5 semanas, e mellorando sensacións e tempos despois de cada unha.
Chegamos con tempo a Neda, e que agradable atoparse con moitos coñecidos, algúns deles foreiros despois de bastante tempo, recollida axil do dorsal, despois xuntouse bastante xente.
Cafeciño de rigor cos compañeiros, e a prepararse para a media, mañán magnífica para correr, sen frío ningún, nada de vento e un sol reconfortante.
Saida de Neda, e ao momento xa empezamos a subir, en nada nos poñemos en Fene, co espectáculo de correr por A Ponte das Pías, moi cómodo en todo momento a un ritmo medio que vai oscilando entre 4'35/4'37, nun instante xa estamos adentrándonos en Ferrol, unha primeira subidiña, e despois a moi dura pola zona de Esteiro, un bo treito rápido a carón de Navantia e xa unha subidiña para ir pola zona vella de Ferrol subindo cara a praza de España a cal bordeamos, e xa saimos ao tobogán que é a Estrada de Castela, nas subidas, procuro non perder moito o ritmo e nas baixadas aproveito para recuperar.
A subida da ponte de Xubia recordábame ben dela, pero o ascenso xusto antes de entrar en Neda, costoume bastante, pero xa estabamos no derradeiro Km. e unha nova media feita, 1h36'36" oficial para 21'100 Kms. polo meu GPS.
Moitas grazas aos Concellos que levan a cabo esta curiosa carreira, que os leva impicando a todos ao longo de 35 edicións.
Djoko

Foreiro infantil
Foreiro infantil
25/07/11
0 Carreiras
119 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 13 Dec 2021, 10:08
Asunto: Re: XXXV Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría 12-12-21

Alguien sabe si hay más fotos que las que ha puesto La Voz?
rosetas

Maratoniano
Maratoniano
22/05/12
345 Carreiras
1093 Mensaxes
A CORUÑA
Respostar citando Envío Lun, 13 Dec 2021, 21:11
Asunto: Re: XXXV Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría 12-12-21

Un gustazo volver a disfrutar de una de las clásicas. Además de tener mucha suerte con el tiempo, poder saludar de nuevo a forer@s y demás corredores, muy contento , esperemos que todo vaya volviendo poco a poco. Aplauso Aplauso Bailar Bailar
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
57 Carreiras
1181 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Mar, 14 Dec 2021, 19:10
Asunto: Re: XXXV Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría 12-12-21

Djoko escribió:
Alguien sabe si hay más fotos que las que ha puesto La Voz?
No Diario de Ferrol:
Fotos Adolfo Ros
Se tes Facebook, na páxina do Pasa ou entorna teñan tamén. Están centradas nos seus corredores, pero tamén sae máis xente, claro.
Djoko

Foreiro infantil
Foreiro infantil
25/07/11
0 Carreiras
119 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 14 Dec 2021, 19:37
Asunto: Re: XXXV Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría 12-12-21

Graciñas Juan.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos