Mar, 23 Dec 2008, 15:15
Asunto: Re: San Silvestre Viguesa Solidaria 2008
Bos días. De entrada darvo-las gracias por todo o voso apoio.
E vos conto o desta mañan, porque .......a Deus o que é dél, e o Cesar (neste caso Concellalia de Deportes EN XERAL) o que é deles.
Non vos podedes imaxinar a cara de Xavier (O concellal de deportes) e de toda a xente do departamento, cando lles contamos o que había montado en Castrelos, NON TIÑAN IDEA.
Inmediatamente, se puxeron mans a obra pra busca-lo expediente da "Feira", e resulta que o permiso deuno SEGURIDADE.
Alguen moi fino (Sabe Deus quen) que coñece a agulla de marear do Concello, foi cpaz de crear unha confusion tal en 3 Concellalías,que ó final, chegou todo a seguridade coa impresión de ter permiso do resto, pero diso nada.
O único permiso en regla, é o noso, pois está aprobado po-la xunta de Goberno.
Decirvos que o Concellal e o seu departamento, se portaron DE PUTA MADRE, e buscamos solucions en conxunto, e nos apoiaron en todo.
Se vai corta-lo tráfico (mentres dure a proba) da estrada que cruza o parque, para asi, meter parte do circuito po-lo redor do estanque dos patos, e facer un percorrido de aprox. 1500 m.
Tamen nos aseguraron que se lles prohibirá ós chiringuitos usar a medafonia ata que remate todo.
Ademais, si viste-la roda de presna po-la tele, veríades que o Concellal se comprometeu a estudia-la maneira de SACAR A CARREIRA CARA A CIDADE pára o ano próximo.
Dende a nosa banda, somentes darlle-las gracias, po-la colaboración e o compromiso coa carreira.
Asi que..... o que onte era noxo, hoxe parece que se solucionou.
O dito, gracias a todos po-lo voso apoio e ............este ano ten que ser Sonada, e bati-lo record, pra o ano que ven, toma-las Ruas de cidade.
Unha aperta moi forte.