Dom, 20 Mai 2007, 20:20
Asunto:
Pois eu non quero ser menos. Esta era a miña segunda participación nesta Media Maratón (a primeira foi o ano pasado, con aquela choiva e vento... ¡¡qué horror!!) e o meu obxectivo era, simplemente, baixar do tempo feito entón... malo sería, despois dun ano enteiro competindo e adestrando xa metido de cheo neste foro
Cheguei xustiño para a foto previa á carreira que, finalmente, non se fixo. Andaba todo o mundo medio ciscado e na zona da saída había demasiada xente (sobre todo co tema das carreiras dos pequenos... por certo, ¡¡¡enhoraboa a
Clara pola súa primeira posición!!!... esta nena pode chegar moi lonxe tendo un pai como o que ten, que coñece algo o mundiño en con bóa cabeza ).
Decido quentar pouco porque xa terei tempo abondo ó longo dos 21 kms. que me agardan. Mentres tampo atopo a
Charly (que promete animar dende a barreira), ao casi desaparecido
Sin Chan, a
poetinmotion (ao que, por certo, lle caéu un chorreo fino polo seu novo nick
) a
Aguita, e a
Keniatablanco todos moi alegres e desexando darlle caña ás zapas. Vamos cara á saída e esta vez póñome máis adiante do habitual en min... cousa bastante doada.
Saída a ritmo aceptable que espero non me pase factura. Tento ir regulando e ir de menos a máis, pero no meu corpo manda máis a orografía que a cabeza e nas zonas planas vou a 4'35''- 4'40'' e nas encontas (que son moitas) baixo de xeito alarmante ata rondar os 5'35'' ou máis. Moi pronto vexo que todos os foreiros teñen máis calidade ca min e me atopo como o ano pasado... máis só que a unha. Por sorte a carreira é en circuito e podo ir saudando e dando ánimos aos compañeiros e compañeira (
PITI, á que non chegara a ver antes da saída) que, por certo, colocouse na cabeza da carreira femenina dende o comeza da proba... ¡¡¡bravo por ela!!! Van pasando os primeiros kms. e primeiro susto... no km. 4,5 comeza a doerma a planta do pé esquerdo. Xa levo un par de semanas con esa molestia que normalmente non pasa a máis, pero claro... non adoito facer sempre 21 kms... e ainda quedaban moitos por diante. Finalmente non pasou de ahí o problema. No km. 7 xa non doía, curiosamente. Pois a seguir. Segunda volta ó percorrido con bastante forza ainda. Cólleme unha mulleriña xa entrada en anos coa que coincidín no Cross de O Corgo-Corrubedo ... debeu ser a campiona (e pode que única corredora) da súa categoría. Facemos xuntos coma un km ou dous, pero ela vai un pelín máis forte e déixoa ir. Foi a única persoa coa que hoxe corrin tanto tempo... algo antes coincidira cun policía local de Vigo que coñezo pero ahí só lle acompañei uns 50 metros para desexarlle sorte e pouco máis.
Na terceira volta tentei subir algo o ritmo pero case que foi peor. Andaba bastante xusto de forzas e na derradeira subida o corazón púsoseme a 192 ppm e iso que só iba á 6'/km. (segundo e derradeiro susto) así que aguantei como puiden ata o final. Na derradeira baixada tentei adiantar ó home que iba diante pero as forzas que tiña non eran tantas... ó chegar á derradeira curva nenos poñendo as mans para chocarlles as cinco e na entrada á meta berros de amigos e amigas foreiros e familiares dándome ánimos.
Tempo final 1h 46'46'' a un ritmo de 5'04''/km (o ano pasado foran 1h 54'30'' a un ritmo de 5'26''/km)... estou absolutamente encantado co resultado. Dixera que xa sería a hostia baixar de 1h 45', como quedou demostrado, pero a cousa non anda lonxe... o que pasa é que elexín unha Media que non é para facer marca... ou iso dín. Polo de agora, sen embargo, o de hoxe é o meu mellor tempo nesta distancia... incluso baixei o da Vig Bay deste ano en 14' sobre o tempo neto daquela, e un minuto e 4 segundos en tempo bruto)
Para rematar, recollida de magnífica bolsa de corredor (camiseta, dúas bebidas a elexir entre auga, acuarius de dous tipos, e batido de froitas, laranxa, plátano, gorra, chaveiro... en fin... e todo gratis) e xuntanza con outros foreiros para facer a foto que non puidemos facer antes da carreira (incluso cos nosos campións
Pedro Nimo que bateu o récord da proba, e que él mesmo establecera o ano pasado, e
Piti, que levaron para casa unha camelia de prata de deseño exclusivo... entre outros premios... e cartiños). Duchas con auga quente... a miña primeira carreira na que sobra auga quente para min
e comida posterior con algúns dos foreiros... se queren comentar que comenten eles, que eu xa cumplín coa crónica de sucesos.
à organización un 10 sobre 10. Atentos, amables... ainda despois de duchado e cambiado deixáronme coller outro auga... e iso que tiñan de todo a escoller (pero non quixen pedir máis, por prudencia). Cantidade de premios (dos que, para variar, non collín ningún
) e entregados bastante rápido... penso eu.
Saudiños a todos e todas... estou baldado e vou poñer as perniñas en alto, que hoxe cumpliron abondo.