Mér, 10 Xul 2013, 11:15
Asunto: Andaina do Mexillón - Rianxo
Data: 11 de Agosto
Hora: 9:30 h.
Saida: Praza de Castelao (fronte ó Concello de Rianxo)
Organiza: Festa do Mexillón de Rianxo
Colabora: Clube de Remo de Rianxo, Arousa Natureza e Ocio e o Concello de Rianxo
Distancia: 15 km. (aproximadamente)
Dificultade: Baixa
Tempo máximo: 4 horas
Custe da inscrición: 5 €
Data límite inscrición: Xoves 8 de agosto
Información e inscricións:
www.arousa.com
Con motivo da Cuarta Festa do Mexillón de Rianxo, a organización da festa quere presentar unha andaina que leve ós participantes a descubrir un dos concellos máis vencellados co mar e ca auga; por isto discorre polo paseo marítimo de A Torre, pola senda do río Te ata o lugar de Araño, e por parte das praias máis emblemáticas deste territorio que fai porta de entrada á bisbarra do Barbanza pola zona da ría de Arousa.
Pero non só se vai poder camiñar e descubrir recunchos de beleza salvaxe, senon que tamén se vai poder degustar o producto típico que se ensalza estes días en Rianxo: o mexillón. Xa que cos 5 € da inscrición ademais de incluir o dereito a participar na andaina, o avituallamento ó longo do camiño, e a ducha ó remate; tamén teremos a posibilidade de degustar un prato de mexillóns con bebida (auga, refresco ou cervexa).
Non só será unha xornada deportiva, senon tamén cultural (Rianxo é cuna de grandes escritores galegos que cas dúas verbas acompañarannos ó longo do paseo), e gastronómica e festiva.
Última edición por Edu_Iglesias o Ven, 12 Xul 2013, 11:46; editado 1 vez