Mar, 22 Mai 2012, 8:17
Asunto: Re: andaina tudense
Pois ahí vai a miña:
Eu diría que a elección do recorrido merece practicamente un dez. Un dos recorridos mais bonitos que teño feito nunca. E o tramo da Cova da Trapa, a pesar da súa dificultade, todo un acerto.
A señalización tamén a un excelente nivel. Do mellorciño.
Ambiente relaxado, moi lonxe do "tonillo" máis competitivo que se vive en moitas outras andainas. Un día para o disfrute da paisaxe, da compaña, e da camiñada. Ou sexa, excelente
.
Eu diría que se podería mellorar na puntualidade. Saíuse algo tarde, e non houbo moito problema porque o día acompañou, pero si chega a chover, tería sido un pouco incómodo. E quizáis o sorteu de agasallos fixose un pouco lento.
Un saúdo