friedman escribió: |
Quen se anima a participar???? Data: Sábado 26 de maio do 2012. Hora: As 17:00 carreiras para nenos, 18:00 carreira absoluta. Lugar: No lugar de Campo de cortes, concello de Muros. Distancia: 6100 metros. Inscripción: Ata o 24 de maio. Ver no regulamento. Organiza: A.C.R.D "O Rumial". DESCRIPCIÓN A A.C.R.D "O Rumial", organiza a III Carreira Popular "Festas do Espiritu Santo", o Sábado 26 de maio no lugar de Campo de Cortes, en Muros. RECORRIDO A proba na categoria absoluta contara cun recorrido de 6100 metros, que discorrera por pistas forestais e asfalto. Recorrido INSCRIPCIÓN No correo electronico jesanvicente@hotmail.es, ata o día xoves 24 de maio as 22:00, facendo constar nome é apelidos, data de nacemento é localidade de procedencia. O precio da inscripción será dun kilo de comida non perecedeira que se entregara no momento de recollida do dorsal. A comida que se recolla será doada na sede de "Caritas" en Muros. CATEGORIAS E PREMIOS - 0-5 anos: (80m) Trofeos para os tres primeiros clasificados e medallas para o resto dos participantes. - 6-10 anos: (400m) Trofeos para os tres primeiros clasificados e medallas para o resto dos participantes - 11-15 anos: (900m) Trofeos para os tres primeiros clasificados e medallas para o resto dos participantes. - 16 en diante: (6100m) Trofeos para os tres primeiros clasficados, tanto en categoria masculina como femenina. Trofeo para o primeiro clasificado maior de 50 anos que non gañase trofeo na categoria absoluta. Trofeo para a primeira clasificada maior de 45 anos que non gañase trofeo na categoria absoluta. Trofeo para o primeiro clasificado menor de 23 anos que non gañase trofeo na categoria absoluta. Trofeo para o atleta máis veterano que remate a proba. - O rematar a proba haberá un completo avituallamento para tódolos participantes. - Haberá servizo de duchas no pavillón municipal de "Miraflores" Nos próximos días máis información no calendario. |
chuchiño escribió: |
Ali estaremos. Muros ben vale unha visita. Polo que vexo no perfil da carreira, e o mesmo recorrido do ano pasado? |
friedman escribió: | ||
O recorrido si que é o mesmo do ano pasado, 6 kilometriños cas suas dificultades como se ve no plano. |
juandertaker escribió: | ||||
|
friedman escribió: | ||||||
O máis duro esta nos primeiros 1700 metros, (tampouco nada do outro mundo), unha vez chegado a ese punto a carreira faise moito máis comoda, algunha baixada potente, e disfrutar dunhas vistas espectaculares da ría Muros-Noia, lagoa de Louro... |