Ven, 29 Xuñ 2012, 12:14
Asunto: Re: Maratón e media maratón de Marrakech
Moitas grazas polas vosas respostas, correabraham
![Aplauso Aplauso](images/smiles/eusa_clap.gif)
e helsinki
![Aplauso Aplauso](images/smiles/eusa_clap.gif)
, ídes aclarando os meus recelos iniciais sobor desta carreira, en canto á menor ou maior dureza do seu percorrido, o ambiente (de corredores, público animando,........) e da organización (que, por certo, esquecín ao abrílo fío colgar a súa páxina oficial, por se lle interesa a alguén mais, que é esta:
www.marathon-marrakech.com/ ![Silbar Silbar](images/smiles/eusa_whistle.gif)
).
Polo demais, efectivamente non son millonario, helsinki ,aínda que non descarto que algún día me toque a lotería primitiva
![Guiño Guiño](images/smiles/icon_wink.gif)
, pero, mentres tanto coido que che faréi caso no de organizarme a viaxe por min mesmo, coido que me sae a conta económicamente, viaxando por exemplo con
www.vueling.com vía Barcelona e dende Coruña, e buscándome un hotel económico, porque a alternativa do paquete organizado é moi cómoda (traslados ao hotel e á carreira, recollida do dorsal, guía, seguro,...) pero bastante mais cara.
Seguramente me decida por esta media (se para daquela a saúde e as pernas me responden) para , de paso, facer (como xa díxen) un pouco de turismo por este país tan bonito e exótico.
Un saúdo e a ver se podemos coincidir para entón mais xente coñecida do foro
![Bailar Bailar](images/smiles/eusa_dance.gif)
.