Ven, 10 Nov 2006, 13:20
Asunto:
Están ben,
Khene, están ben. Menos mal que solo foi un susto. Xa levaba uns días sen comentar nada no foro porque como a incertidume é unha mala situación, non quería dar ideas a algún... non fora ser. A cousa vai como segue:
- Preparei a de Santiago machacando o corpo a base de series (cousa que non fixera nunca) e subindo costas (cousa que tampouco fago habitualmente).
- Corrín a carreira de Santiago acompañando (salvo dende a Costa de Vite) ao colega
Bytheface, que levaba un ritmo pelín máis alto que o que eu fago habitualmente.
- Ao rematar a carreira non estirei absolutamente "nada de nada" ... un que é así de guapo
- A semana pasada metinlle ao corpo dúas rodaxes a un ritmo bastante alto (unha corta e outra longa) pero notaba certo agarrotamento nos xionllos (e non lle dín maior importancia)
- Este luns cruzando unha rúa correndo notei unha dor no xionllo esquerdo e ás poucas horas tiña a perna absolutamente contracturada.
- O fisio traballou nela o mércores durante 45' e hoxe unha hora nas dúas pernas (porque ainda que a mala se puxo ben, carguei a outra para compensar).
- Acabo de sair como novo, despois destas dúas sesións de fisio (unha básicamente de estiramentos e masaxe para descontracturar, e outra do mesmo máis tratamento de inhibición da tensión nerviosa que é a que causa as contracturas).
En consecuencia, levo toda unha semana sen facer absolutamente nada de rodaxe, pero irei a Porriño en plan suave (non quero ter máis problemas polo de agora)... quentando e estirando moito antes de correr e, como non, tamén despois... non vai ser que a historia se repita. En calquera caso xa teño reservada vez para o fisio a semana que ven... para ver qué tal foi o tema.
Sempre me queda o consolo do que dín por ahí. "
O traballo xa está feito. Agora a relaxar ata o día da carreira"
Non me da pena estar ben, evidentemente, pero dame pena non estar mal para poder adicar a mañán do domingo a facervos fotos a todos os que vaiades... outra vez será