Mar, 17 Xul 2012, 18:51
Asunto: Re: Me re-Presento
Benvido "de novo"
furaman.
O que contas, e que para nada é un tocho, creo que é pouco máis ou menos a historia de moitos de nós. Cando eramos un pouco menos xóvenes (porque todos seguimos sendo xóvenes) facíamos deporte a esgalla; corriamos de aquí para acolá; e seguramente o noso medio de transporte era unha bicicleta.... pero a vida e as súas circunstancias (cada quen ten unha) fíxonos baixar un par de marchas (cando non parar de todo), co conseguinte aumento de un mesmo (e a conseguinte diminución da nosa relación alto/ancho).
Chegados a este punto, moitos dixeron basta, por convicción, a outros fixéronos dicir basta, por obriga, e incluso moitos dixeron basta, por nostalxia. Nostalxia dunha axilidade perdida, dunha sensación de benestar, dun tempo máis feliz.
Seguramente moitos, nese punto no que un está nunha situación na que ve o pasado e pode intuír e alterar o futuro, fixeron desa decisión un feito transcendente na súa vida, que marca un antes e un despois.
Pero o realmente importante é que, finalmente, un bo día nos decidimos a empezar, ou reempezar, a correr, e temos a inmensa sorte de compartir esta afición cun montón de xente coma nós, que sente o mesmo ca nós, e que disfruta o mesmo ca nós.
Así que, o dito. Benvido, de novo.
Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es