Kandpalleiro escribió: |
Como refiro no meu blog trátase dunha proba organizada por unha asociación veciñal que, a semellanza de Ferreirua, pon moitísimo entusiasmo e dedicación para suplir certas carencias de medios. Un circuito típicamente galego, ben sinalizado con algún cruce (o da meta) menos controlado do que merecería; avituallamento liquido na chegada e medallas para os cativos (para o resto non sei que non puiden quedar mais tempo.) Falta un lugar para se dar unha ducha dempois da proba. As carreiras de cativos semellaronme ben organizadas e repartidas coa salvedade que a dos mais pequerechos debería se-la derradeira (na miña modesta opinión son os que mais aplausos precisan), ó cabo, que sega así(···) augúrolle á carreira de San Fins de Vedra moita mais participación en tódalas categorias conforme pasen os anos porque ainda que a data xa é algo tardía e o circuito pode resultar algo durillo para os que corremos en chan a proba é o paradigma das "populares" xustamente polas características que kingkroft enumera. Como xa referín claro que a organización é mellorable; tamén o son as organizacions 'profesionais' que cobran até 15â?¬ por proba e tamén teñen fallos... Eu insistiría no tema das duchas ¿non haberá un pavillón ou colexio por alí?. Se cadra ese e os permisos, seguros e persoal/medios de Protección civil serían o tipo de colaboracións que sí se podería solicitar do concello |
Achwll escribió: |
Hola a todos. ¿Alguien sabe cómo llegar a San Fins con exactitud? Gracias. |