Lun, 30 Xul 2012, 17:41
Asunto: Re: 10ª Edición dos 50 km "Concello de Riveira"
lestrove escribió: |
Na Edición que eu controlei,no,no. |
Ti eres un superman, hom!!
En Ribeira, si temos moitas experiencias de xente que, non é que se perda, pero en un momento dado perde as referencias e chama por teléfono á organización. Esto é moi habitual. Dese xeito coas indicacións do que están vendo, tes que intentar descubrir donde se atopan e decirlles logo como resituarse.
Máis dramática foi a chamada dun camiñante que nos chamou porque se atopara unha señora (sin móvil) en mal estado por unha especie de baixón de tensión na zona da lagoa do Carregal. Por unha desas suertes da vida,
Trevinca (membro destacado da organización riveirense dende a primeira edición) estaba no coche a dous minutos do lugar, podendo facerse un rescate rapidísimo moi felicitado polos andaríns que se atopaban nas inmediacións.
Dentro das chamadas, os da organización tamén lembramos outras máis simpáticas, como fai xa uns anos, unha na unha moza nos demandaba urxentemente unhas compresas pq lle acababa de vir unha menstruación abundante. E tamén se lle solucionou o problema, non sen antes ter unha curiosa conversa na farmacia de Corrubedo: "Absorción normal ou super; con alas ou sen alas...???"