Dom, 19 Ago 2012, 19:53
Asunto: Triatlón Ferrol
Bueno pois como ninguén comenta nada deste tri, gustaríame empezar eu mesmo dicindo que me encantaron os percorridos, todos moi arropados sempre pola xente.
E en parte, había tanta xente, porque o máis grande deste deporte estaba competindo, J.Gomez Noya. Un crack que tivo tempo e paciencia para sacarse fotos conmigo e ata charlar un anaco pequeno. E así con quen se acercara a pedirllo, non se lle caen os anillos por vir de ganar unha prata nuns XXOO.
Eu participei no popular, eramos 107 e unha gozada, ainda que a a primeira parte de auga/gasoil costoume bastante. O resto de 10. Ambientazo.
Estaría ben que si van a pasar mais de 300 participantes por unha proba así, se quitasen as bandas sonoras, (son uns tornillos, tampouco leva tanto). Digoo porque é unha merda ir a roda sabendo que podes pegar un chimpo en calquer momento, e ademáis de joder a bici en calquer momento. E sen ir mais lonxe, unha rapaza no popular abriu a cara por caer nunha delas. Creo que é unha cousa a considerar.
Outra cousa... porqué sempre vexo 100 cámaras de fotos nos tri populares pero logo nunca vexo fotos? a min non me importaría que alguén as subise e pagar por algunha se me gusta, pero e que ou non anuncian o suficiente dónde as colgan, ou eu son moi burro e non as atopo.
O dito, tri para repetir! Un saúdo!