Foros ›
Andaina. Subida ao Maúxo, Coruxo (Vigo)
Foros de debate / Andainas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 22 Ago 2012, 15:57
Asunto: Andaina. Subida ao Maúxo, Coruxo (Vigo)

Este ano recuperamos a tradicional Subida ao Maúxo, cunha andaina que nos conducirá desde o Centro Cultural de Coruxo até o cume máis sobranceiro da nosa parroquia: o Maúxo Grande.

Principiaremos a nosa camiñata no edificio social do C.R.A
.C.C. Atravesaremos os bairros de Tarrío, A Tintureira e A Pedreira, para internarnos despois en terreo forestal remontando o regato de Balteiros, nunha coñecida zona de concentración de muíños de auga.
A través dunha corredoira con tramos aínda empedrados pasaremos polos lugares de O Viveiro e Leixeade, onde faremos unha parada obrigada para observar un curioso grabado rupestre con forma de serpe. Subiremos a carón do campo de Fútbol de Fragoselo e a continuación atravesaremos a regueira de Leixeade de Arriba.
A última etapa da nosa ascensión discurrirá serpeando a través da Regueira das Chans, obxecto anos atrás dunha actuación de substitución de acacias e eucaliptos por frondosas autóctonas. Estes traballos transformaron esta área nun lugar de grande atractivo paisaxístico e crecente riqueza ecolóxica.
Pasando polo parque forestal de Coruxo acadaremos as Chans da Lagoa, planalto situado a uns 400 metros sobre o nivel do mar. Nesta zona existen interesantes valores naturais e arqueolóxicos, como o Pozo da Lagoa e a mámoa de As Chans.

A ascensión concluirá por fin na nosa debecida meta: o cume do Maúxo Grande, desde o cal poderemos desfrutar dunhas vistas únicas.



Datos básicos da andaina

Día: domingo 2 de setembro
Hora: 10 horas
Saída: Centro Cultural de Coruxo
Lonxitude do percorrido…5km., 600m.
Duración aproximada…….2h.30’
Dificultade………………. media


Recomendacións: levar calzado cómodo e equiparse dacordo coas previsións meteorolóxicas (protección solar e sombreiro, ou roupa de augas, segundo o caso). Pasaremos por dúas fontes.


Última edición por gertiz o Mér, 22 Ago 2012, 18:44; editado 1 vez
saric

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/11/09
8 Carreiras
295 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 22 Ago 2012, 16:13
Asunto: Re: Andaina. Subida ao Maúxo, Coruxo (Vigo)

Data e hora?
FERNANDODF

Novo foreiro
Novo foreiro
12/12/10
0 Carreiras
25 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 22 Ago 2012, 17:36
Asunto: Re: Andaina. Subida ao Maúxo, Coruxo (Vigo)

¿DÍA Y HORA?
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 22 Ago 2012, 18:44
Asunto: Re: Andaina. Subida ao Maúxo, Coruxo (Vigo)

Perdón a puxen no calendario pero non aquí:

Data 2 de setembro ás 10 horas. Saída dende o Centro Cultural de Coruxo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos