Dom, 09 Set 2012, 21:56
Asunto: Participación de Nordic Walkers nas carreiras populares
Hola a todos: Xa que a miña cadeira non me vai permitir correr, se quero aliviar dores e tentar evitar a implantación dunha prótese, empecei a probar o Nordic Walking. A verdade e que me está gustando bastante, O esforzo é mais leve que correr pero fas traballar máis o tronco e os brazos. Mantén a columna nunha boa postura e descarga as articulacións. E necesario un mínimo aprendizaxe da técnica, similar ó uso dos bastóns por parte dos esquiadores de fondo. Nas subidas nótase moitísimo a "axuda extra" que che dan ó impulsar cos brazos, co que subes moi rápido, e nas baixadas estabilizan moito. No chan permiten manter unha boa cadencia con fluidez. Hai que usar uns bastóns especiais, non valen os de senderismo ou trekking, sobre todo por ser diferente a empuñadura e ter unhas correas -chámanse dragoneiras- que permiten que cando abres a man, despois de impulsar e iniciar o adiantamento do brazo, non te impida, cando o brazo xa esté en posición de facer contacto co chan de novo, amarralo de novo. En realidade a forza faina a man coa dragoneira sen apretar demasiado a empuñadura. Non sei si me estou explicando ben. Supoñamos que imos camiñando por unha "calle" delimitada por cordas. Aproveitamos o agarre e tirar de esas cordas para avanzar máis. Cando xa tiraches cunha man da corda, sóltala para collela un puco máis adiante, mentras tiras coa outra man da corda do outro lado. Así imos avanzando maís rapido que si non usáramos os brazos. E lóxico, ¿non?
E un exercicio ou deporte que pode practicar xente en moi boa forma ou xente con problemas de saude, cada un á sua intensidade. Bo para evitar lesións ou recuperarse de elas, despois de operacións, coma rehabilitación, etc.
Pois en outros paises están xa permitindo á xente practicante desta modalidade partipar en carreiras, desde 10 kilómetros hasta maratóns, con clasificacións independentes, incluso. Sería bó que algúns organizadores de carreiras da nosa comunidade se abriran a novos practicantes, como camiñantes, marchadores, nordic walkers, ou marchadores nórdicos, etc. Nin sequera se solen ver practicantes en cadeiras de rodas, pode que porque non os haxa en Galicia, ó estilo das grandes carreiras mundiais, como as maratóns de Londres, Berlín, Boston, Nueva York, etc.
Sei que algúns podrán decir que para iso xa hai unha liga galega de andainas, pero o Nordic Walking é outra cousa distinta, que se fai en escenarios similares os da carreira a pé, asfalto ou camiños de terra, e con similares distancias, non en trazados como os de trekking ou trail running, moito máis abruptos. Ademáis, no caso de problemas de articulñacións, son aconsellables os terrenos lisos e sin moitos desniveis.
Bueno, gostaríame saber as vosas opinións. Saudos.
Alex
Alex