Xov, 11 Out 2012, 21:34
Asunto: Re: San Martiño 2012
Eu tamén levaba días buscando información, e esperando a ver se algúen se animaba a colgar algunha mensaxe aquí.
Os datos de Championchip certo que aínda os publicaron antonte, e xa me parecía raro que tardasen tanto.
Douvos a razón de que nas gratuítas sempre hai xente que se apunta e non vai, pero aínda así creo que o ano pasado pasamos por meta máis de 3200 persoas, un número respetable, igual ( ou maior) ó de calquera outra carreira das "clásicas".
Unha vez que a probas, engancha.( Confesión para Free Runner : son das que me gusta apuntarme xa no primeiro ou segundo día, pero debo ser a excepción, porque non me borro nunca)
Persoalmente, gústame máis o percorrido desta carreira que o da de Santiago. Espero poder estar, e pasalo tan ben como o ano pasado, e no baixar de marca a ser posible...