Foros ›
1ºCross.Trail Solidario "Parque de San Roque"
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 03 Nov 2012, 23:33
Asunto: 1ºCross.Trail Solidario "Parque de San Roque"

I Cross-Trail “Parque de San Roque”.
Carreira solidaria a favor de Unicef

Data: domingo, 18 de novembro de 2012.
Hora: a partir das 11:00 h.
Lugar: Parque de San Roque (Santa Uxía de Ribeira)
Distancia: de 700 a 6.000 m.
Organiza: Atletismo Virxe da Guía e Asociación de Veciños de Carreira.
Inscrición: Ver no regulamento.
Web: www.carreira.info


Carreira benéfica cuios beneficios irán íntegramente para a UNICEF, a celebrar no fin de semana anterior ó Día Mundial da Infancia.
Trátase dunha carreira coa estructura dun cross (en forma de circuito), pero con terrenos máis propios dun pequeno trail (fortes subidas e baixadas técnicas, terreno variable con herba, terra, pedra…). Os circuitos dos pequenos evitan as zonas delicadas do recorrido.


REGULAMENTO

CATEGORÍAS/ ANO DE NAC./ HORARIOS/ DISTANCIA

Benxamín (H/M) 2003-2004 11:00 h 700 m. (1 volta corta)

Alevín (H/M) 2001-2002 11:15 1400 m (2 voltas cortas)
Infantil (H/M) 1999-2000 11:15 1400 m (2 voltas cortas)

Cadete (H/M) 1997-1998 11:40 h 3000 m (1 volta larga)
Xuvenil (H/M) 1995-1996 11:40 h 3000 m (1 volta larga)

Pitufos (H/M) 2005 e posteriores 12:10 150 metros.

Iúnior (H/M) 1993-1994 12:15 h 6.000 m (2 voltas largas)
Senior (H/M) 1978-1992 12:15 6.000 m (2 voltas largas)
Veteranos (H/M) Antes de 1978 12:15 h 6.000 m (2 voltas largas)

PREMIOS
Medallas para os tres primeiros de cada categoría.

INSCRICIÓNS
As inscricións para todas as categorías é gratuita. Ó tratarse dunha proba benéfica a favor de UNICEF, ca recollida do dorsal poderá facerse unha donación para dito organismo.
A inscrición pódese realizar nas web:
www.carreira.info
www.riveira.es

O último día para facer a inscrición será o sábado, día 17 de novembro ás 13:00 h.

A organización non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.

Organiza: Asociación de Veciños de Carreira (Atletismo Virxe da Guía)
Colabora: Concello de Riveira, www.carreira.info; Unicef.
cubeliños

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
29/08/08
0 Carreiras
348 Mensaxes
CAPITAL DO BARBANZA- RIVEIRA CIDADE DENDE 1906
Respostar citando Envío Dom, 04 Nov 2012, 0:09
Asunto: Re: 1ºCross.Trail Solidario "Parque de San Roque"

Moi boa iniciativa.
Aplauso Aplauso Aplauso
basibasi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
15/03/10
219 Carreiras
595 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 04 Nov 2012, 7:42
Asunto: Re: 1ºCross.Trail Solidario "Parque de San Roque"

+1 Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso
juandertaker

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/10/10
0 Carreiras
1069 Mensaxes
Portosin
Respostar citando Envío Dom, 04 Nov 2012, 8:22
Asunto: Re: 1ºCross.Trail Solidario "Parque de San Roque"

cadra ca san martiño, un pouco mal. Bueno, a ver que se fai
susito

Novo foreiro
Novo foreiro
22/04/10
0 Carreiras
37 Mensaxes
Ames
Respostar citando Envío Dom, 04 Nov 2012, 15:08
Asunto: Re: 1ºCross.Trail Solidario "Parque de San Roque"

Boa iniciativa ali nos vemos
susito

Novo foreiro
Novo foreiro
22/04/10
0 Carreiras
37 Mensaxes
Ames
Respostar citando Envío Dom, 04 Nov 2012, 15:15
Asunto: Re: 1ºCross.Trail Solidario "Parque de San Roque"

Boa iniciativa ali nos vemos
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 04 Nov 2012, 16:56
Asunto: Re: 1ºCross.Trail Solidario "Parque de San Roque"

juandertaker escribió:
cadra ca san martiño, un pouco mal.
Machoooo...pero xa trucastes a "mobylette" para 75, ouh?? Que hasta Ribeira aínda che pode traer, pero para chegar á cidade das Burgas, non o vexo, eh!!

Bromas aparte, efectivamente coincide ca San Martiño, pero eso xa son palabras maiores e o tipo de corredor dunha e outra poden ser un pouco distintos.

Bueno, vamos a intentar colgar en varios post algunha fotiño do que vos espera si decidides vir a disfrutar a Ribeira:

Liña de saída:

URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 04 Nov 2012, 16:57
Asunto: Re: 1ºCross.Trail Solidario "Parque de San Roque"

A primeira, na frente!!
Vou revisar as chuletas a ver si dou ca trócola de colgar fotos!!!
juandertaker

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/10/10
0 Carreiras
1069 Mensaxes
Portosin
Respostar citando Envío Dom, 04 Nov 2012, 17:29
Asunto: Re: 1ºCross.Trail Solidario "Parque de San Roque"

URKO escribió:
juandertaker escribió:
cadra ca san martiño, un pouco mal.
Machoooo...pero xa trucastes a "mobylette" para 75, ouh?? Que hasta Ribeira aínda che pode traer, pero para chegar á cidade das Burgas, non o vexo, eh!!

Bromas aparte, efectivamente coincide ca San Martiño, pero eso xa son palabras maiores e o tipo de corredor dunha e outra poden ser un pouco distintos.

Bueno, vamos a intentar colgar en varios post algunha fotiño do que vos espera si decidides vir a disfrutar a Ribeira:

Liña de saída:
jajaja si URKO si. Pero tiña quen me levara ala ao mellor Guiño ..pero que bah. Eso foi para darlle emoción, debo de ser un dos primeiros inscritos para o cross este.. pero xa me explicaras onde queda porque non teño nin idea! E revisa as categorias, fai 3 dias que cambiaron, ou idelas poñer asi de todas formas?
juandertaker

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/10/10
0 Carreiras
1069 Mensaxes
Portosin
Respostar citando Envío Dom, 04 Nov 2012, 17:37
Asunto: Re: 1ºCross.Trail Solidario "Parque de San Roque"

oooh! vendo as fotos xa sei mais ou menos por onde queda, é en direccion aguiño non? e que me acordo dese merendeiro de ir cunha chavala Mr. Green Vai haber que empezar a entrenar a subir a iroite. Vaia panorama Pensando picasaweb.google.com/r...8353079714
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Dom, 04 Nov 2012, 20:39
Asunto: Re: 1ºCross.Trail Solidario "Parque de San Roque"

apuntome,que o de ir ata Orense... ufffffff
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 05 Nov 2012, 9:09
Asunto: Re: 1ºCross.Trail Solidario "Parque de San Roque"

juandertaker escribió:
E revisa as categorias, fai 3 dias que cambiaron, ou idelas poñer asi de todas formas?

A ver, o da separación por categorías para unha carreira como esta que o único que pretente é pasar un rato divertido correndo, é simplemente para separar un pouco as edades, xa que como se pode ver é unha CARREIRA LOW COST, donde non hai trofeos, premios en metálico, nin siquera unhas tristes camisetas...o que si teredes é unha organización empeñada en que o pasedes o mellor posible correndo monte arriba e monte abaixo!!!
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 05 Nov 2012, 9:13
Asunto: Re: 1ºCross.Trail Solidario "Parque de San Roque"

CesGti escribió:
apuntome

Home...ademáis ti tes ventaxa, que xa correstes por algún tramo do circuito fai un par de meses!!!

(Nota: CesGti foi o máis rápido na andaina dos 50 km de Riveira, que atravesaba o parque no que se vai celebrar este cross-trail)
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Lun, 05 Nov 2012, 19:37
Asunto: Re: 1ºCross.Trail Solidario "Parque de San Roque"

mmmm...

e o parque que cruzamos o primeiro da andaina antes de salir a carretera que vai para a praia do Vilar??
juandertaker

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/10/10
0 Carreiras
1069 Mensaxes
Portosin
Respostar citando Envío Lun, 05 Nov 2012, 19:55
Asunto: Re: 1ºCross.Trail Solidario "Parque de San Roque"

CesGti escribió:
mmmm...

e o parque que cruzamos o primeiro da andaina antes de salir a carretera que vai para a praia do Vilar??
mira as fotos carallo





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos