Xov, 03 Xan 2013, 16:32
Asunto: Re: Empezando de nuevo
O meu consello é que disfrutes cada saída e acompáñanos nas carreiras dos fin de semana. Porque o peor de cando se empeza moi rápido e querendo "comerse o mundo" acabamos retirándonos, ben por cansanzo, aburrimento ou, no peor dos casos, por lesións. Disfruta deste deporte sempre que saias, chova, neve ou quente o sol e pronto descubrirás que non podes vivir sen sair a trotar. Non te poñas unhas marcas demasiado boas; chegarán soas se te divirtes correndo¡¡
Bueno, non sei se serán adecuados os meus consellos; eu só levo correndo 17 anos, son muller e empecei pechando as carreiras e acompañábanme as ambulancias, e agora tou por ahí, no montón, pero disfruto nos entrenos e nas carreiras, tiven dúas fillas e agora disfruto con elas. Para mín é un antiestrés natural e sufro cando non podo sair. Persoalmente creo que vas ben encamiñado. Un saúdo e ....que nos respecten as lesións e......a queimar zapatilla¡¡¡¡